A Concellería de Cultura retoma o proxecto de música de cámara “Sen Batuta” que xa puxera en marcha o curso pasado con notable éxito de asistencia e interese. Volverá a darse neste novo curso de concertos a previa didáctica a cada un deles polos integrantes dos grupos, que se producirá unha hora antes de que comece o concerto propiamente dito. Estudantes e xubilados teñen ata un 50% de desconto nas entradas, mentas que os xoves de menos de 18 anos entran de balde aos concertos.
 
 
O grupo de cámara Callino Cartet abre os segundos “Sen Batuta” da Concellería de Cultura
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Isabel Pérez, concelleira de Cultura
25 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O proxecto de música de cámara “Sen Batuta”, organizado pola Concellería de Cultura,  xa ten á venda na web as entradas das localidades soltas para o primeiro concerto, que ó igual que o resto dos espectáculos, terá un custo de 6,50 euros.
Este primeiro concerto do xoves, día 3 de setembro, marcará o inicio da segunda edición desta actividade musical que xa comezou o curso pasado, e o fará coa actuación do Cuarteto Callino, que terá lugar ás 20:30 horas no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo.

Callino Cartet será a primeira banda musical que actuará nunha nova entrega de “Sen Batuta”. O grupo de cámara, considerado como un dos máis interesantes a nivel europeo dos últimos tempos, interpretarán pezas musicais de diferentes artistas: Franz Joseph Haydn, György Kurtáng e Felix Mendelssohn-Bartholdy.
Como xa ocurríu na primeira edición deste proxecto musical, previamente á función, en concreto ás 19:30 horas, terá lugar no Paraninfo do Otero Pedrayo unha charla coloquio aberta cos integrantes do conxunto.

Ademais da venda electrónica, os interesados no espectáculo musical poderán adquirir a súa localidade presentándose dúas horas antes no escenario do concerto, neste caso no instituto ourensán. Ambas modalidades de compra gozarán dun desconto do 50% para os posuidores do carné xove, estudantes e xubilados. Do mesmo xeito, os menores de 18 anos entran de balde ó concerto.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página