Preto de 120 maiores das catro provincias galegas que viven sós, xa se atopan na residencia de tempo libre de O Carballiño para pasar acompañados o Nadal, ao abeiro dunha campaña organizada pola Consellería de Traballo e Benestar. A campaña “Xuntos polo Nadal”, da Consellería de Traballo e Benestar, iniciouse este mércores pola tarde, e se prolongará ata o vindeiro día 1 de xaneiro. A partires das cinco da tarde comezaron a chegar os maiores que forman parte desta campaña, e que convirte a O Carballiño no punto de encontro de toda Galicia.
 
 
O Carballiño convírtese no punto de encontro do Nadal dos maiores galegos ata o 1 de xaneiro
24 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

“Xuntos pola Nadal”, unha campaña da Xunta que busca reunir nestas datas aos maiores galegos que se atopan sólos, comezou este mércores coa chegada, a partir das cinco da tarde, dos maiores dos centros sociocomunitarios de A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e do resto da provincia de Ourense. Tamén do transporte dos maiores se ocupou a Consellería de Traballo e Benestar Social.
Desde este mércores os maiores pasarán un total de 10 días -9 noites- neste centro ata o 1 de xaneiro, polo que pasarán aquí as dagtas de Noiteboa, Nadal e Noitevella.
O programa non ten ningún custo para o usuario, sinala a Xunta de Galicia. Aquí estará en pensión completa e contarán con actividades de animación sociocultural para animar tódalas xornadas da súa estadía.

Os beneficiarios son, principalmente, os maiores de 65 anos -60 sendo pensionista- que teñen que pasar sós as datas do Nadal, priorizando a aqueles que teñen máis anos, menor nivel de ingresos económicos, ou que non tiveran participado na pasada edición do programa de Xuntos polo Nadal.
O total das 120 prazas está repartido do seguinte xeito: A Coruña e Pontevedra contan con 40 prazas cada unha, e Ourense e Lugo, con 20.

A iniciativa, segundo da conta o departamento de Beatriz Mato, ten dúas vertentes. Unha que se desenvolve nos centros sociocomunitarios, e outra que se leva a cabo nos centros xerontolóxicos residenciais, nos centros de atención a persoas con discapacidade, nos centros ocupacionais, de educación especial e para persoal tuteladas pola Funga que se atopan nos seus domicilios.
No caso dos centros sociocomunitarios, o Goberno galego habilita unha partida orzamentaria para que estas instalacións leven a cabo actividades de dinamización e participación social, coas que se promovan o voluntariado, a convivencia interxeracional e a autonomía persoal.
Os responsables dos 44 centros remitirán a súa proposta, que unha vez autorizada, será desenvolvida polos directivos de cada un deles.

Por outra banda, a Xunta quere que os usuarios dos centros xerontolóxicos, de atención a persoas con discapacidade, ocupacionais, de educación especial e as persoas tuteladas pola Funga que se atopan nos seus domicilios conten cun pequeno agasallo no día de Reis.
Deste xeito, a previsión é beneficiar a máis de 3.800 usuarios (que reúnen as características anteriormente referidas) cun agasallo que se axuste ao custo de 25 euros, e que será adquirido polo responsable de cada centro e de acordo coas preferencias dos residentes.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página