Tributo de cariño e gratitute de Covadonga ao ex director do seu colexio, Manuel Rodríguez
 
“Non estamos xubilando ao director do CEIP Virxe de Covadonga, estamos homenaxenado, na súa persoa, a toda unha familia de educadores que marcaron un tempo”, sinalou Jesús Vázquez no homenaxe que rendíu o barrio de Covadonga ao que foi o director do seu colexio os últimos 25 anos
13 de SETEMBRO de 2010: OURENSE DIXITAL

O barrio de Covadonga rendíu este domingo tributo de recoñecemento, gratitude e cariño a quen foi nos últimos 25 anos o director do CEIP deste barrio ourensán, o mestre Manuel Rodríguez Rodríguez. O homenaxe partíu da Asociación de Veciños deste barrio, e os actos comezaron con unha procesión seguida dunha misa. Logo a Asocaición entregoulle unha placa conmemorativa, acto que tivo lugar en presencia do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o alcalde da cidade e mestre tamén de profesión, Francisco Rodríguez, e a xefa territorial de Educación, Marisol Díaz Mouteira, entre outras autoridades, algunhas achegadas ao acto en calidade de amigos do profesor homenaxeado.

Manuel Rodríguez comezou a súa carreira docente como mestre en Teruel, pasou por Ramirás, nesta provincia, e logo foi a Palma de Mallorca. Tras isto continuou a súa labor no Seminario Menor de Ourense. En 1966 aprobou a oposición de Directores de centros Escolares, e un ano despois comezou a súa nova etapa na educación no recen fundado Virxe de Covadonga, en Ourense, ata o pasado 31 de agosto, data na que pechou esta etapa da súa vida.
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, sinalou que “non estamos xubilando ao director do CEIP Virxe de Covadonga, estamos homenaxenado, na súa persoa, a toda unha familia de educadores que marcaron un tempo”.

O titular de Educación da Xunta lembrou que a entrega á profesión de Manuel Rodríguez “ao longo de cincuenta e seis anos de maxisterio, en épocas moi duras, con moitas carencias e necesidades, foi total a pesar das circunstancias, porque as condicións poden axudar a mellorar a formación, pero o que conta, o que prevalece de verdade o que trascende ás sucesivas xeracións de alumnos, é o espírito, a vocación do mestre”. 
Deste xeito, Vázquez Abad remarcou a importancia que teñen "os docentes de verdade, os que se consagran ó maxisterio, onte e hoxe, e que son incitadores, humanistas que ilusionan e que descobren realidades que temos diante dos ollos pero que non percibimos ata que o mestre nos dá luz, nos ilumina co seu verbo”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Jesús Vázquez, conselleiro de Educación  
     
 
 
     
 
 
 
   
 
publicidad
   
 
 
  Venres, día 10: comezo de curso en Infantil e Primaria. Venres, día 10: CIG Ensino valora o comezo de curso.
Venres, día 10: CIG Ensino di non saber si o curso comezou con normalidade ou non nesta provincia. É obvio que para sabelo o normal é que ese día os da CIG Ensino estiveran exercendo de mestres.
 
 
   

 

Añade OuD a tu Google