Emigración da Xunta volve a denunciar trabas para tramitar os emigrantes galegos a tarxeta sanitaria
 
Primeiro en Uruguai e agora en México, o secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia ven de solicitar ao subsecretario de Asuntos Exteriores e Coperación que se desatasque e se axilicen os trámites para que os emigrantes galegos con dereito á tarxeta santiaria a poidan tramitar de contado. Os trámites estanse a retrasar, sin que no Consulado siquera se de explicación algunha ao respecto
 
 
 
 
25 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, solicitou por carta oficial ao subsecretario de Asuntos Exteriores e Cooperación, Antonio López, que se axilicen e desatasquen os trámites no Consulado Español en México, de maneira que os emigrantes galegos con dereito á tarxeta sanitaria podan tramitala de contado. Esta tarxeta garántelles os mesmos dereitos cós galegos residentes na Galicia territorial, cando o emigrante se atopa aquí.

Explica Emigración da Xunta de Galicia que estes atrancos e retrasos que se están a dar en México son similares aos rexistrados hai meses na legación diplomática española na República Oriental do Uruguai. As comprobacións e certificacións do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) e do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), documentos necesarios para a expedición da tarxeta ao beneficiario, se retrasan ou mesmo resultan imposibles, sen que medie por parte do Consulado explicación ningunha.

Na misiva, Camba recoñece que nun primeiro momento “foron numerosos os beneficiarios desta prestación que (...) puideron tramitala con éxito”, pero tamén afirma que recibe “desde o Centro Galego en México, a preocupante información referente á imposibilidade que desde hai uns días teñen os cidadáns españois para conseguir os devanditos certificados a través do Consulado Xeral”, motivo polo cal solicita a urxente intervención do departamento estatal de Exteriores.

Sen resposta

Malia o tempo transcorrido desde o envío da misiva oficial, máis dunha semana, a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia non ten recibido resposta, e consta que a situación sobre a que alertaba Camba está a empeorar día tras día, e iso que, como lembra o alto cargo galego na súa carta, “calquera cidadán español” ten dereito a “acreditarse como tal ante calquera administración pública española, a través dos mencionados certificados”.
Asemade, no caso de México, como anteriormente no de Uruguai, foron moitos máis os emigrantes galegos que solicitaron a tarxeta sanitaria galega (a emitida polo Servizo Galego de Saúde, SERGAS) cós que pediron a homónima expedida polo Ministerio de Sanidad y Consumo.

A emitida pola Comunidade Autónoma “resulta máis operativa”, razón pola cal o secretario xeral da Emigración urxe a Exteriores a colaborar na tramitación áxil dos referidos certificados.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia  
     
  Noticias Relacionadas  
  Santiago Camba medalla de ouro da Coordinadora das Asociacións Galegas de Alemaña  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google