Ourense acollerá este xoves unha xornada formativa para os autónomos de toda Galicia
 
A secretaria Xeral de Turismo da Xunta, Carmen Pardo, e a directora Xeral de Comercio, Nava Castro, estarán este xoves en Ourense para analizar cos autónomos galegos a situación do sector e informarlles das últimas novidades normativas. Será no curso dunha xornada formativa que terá lugar no Centro de Desenvolvmento de NovaCaixaGaligia
 
 
 
 
21 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Este xoves, 22 de setembro, ás 20:00 Hs., terá lugar no Centro de Desenvolvemento de NovaCaixaGalicia en Ourense unha xornada formativa para os Autónomos de Galicia na que participarán a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, e a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, para analizar a situación actual do sector e dar conta das últimas novidades normativas.

Carmen Pardo falará sobre as novidades lexislativas correspondentes ao sector de Autónomos -que supón un 10% do Produto Interior Bruto de Galicia-, e afondará nos aspectos lexislativos da Administración Turística Galicia e na modificación da Lei de Turismo, os factores que estableceron a necesidade de cambiala, e as principais modificacións a respecto da lexislación turística vixente neste momento.
Pola súa banda, Nava Castro explicará os aspectos principais da cesión nas empresas familiares e presentará aos asistentes a nova Lei de Comercio Interior que pretende vertebrar, consolidar e mellorar o sector do comercio.

A xornada está organizada por APE Galicia, a Confederación de Autónomos do Estado Español (CIAE) e a Asociación Provincial de Empresarios e Autónomos de Ourense coa colaboración da Deputación de Ourense, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Ourense, AME: Asociación de Empresarias e Profesionais da Provincia de Ourense, AFPAN: Asociación de Fabricantes e Vendedores de Pan de Ourense, ATAVE: Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense, Centro Comercial Aberto Ourense Norte, Asociación de Comerciantes de Ourense, Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para o Turismo e Dirección Xeral de Comercio.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, MARTES
 
García Mata recalca en pleno que se va por las mentiras del Partido Popular y por un medio de comunicación
Novoa dice a Mata que quien le llevó a los juzgados fue “quen esta sentado a súa dereita”, el alcalde
PSOE y BNG escenifican en pleno la buena salud de su alianza, derrotan la moción del PP y ...
La DGT sanciona cada vez más en Ourense, pero Fomento e Interior invierten cada vez menos en Seguridad
Pérez Bouza acusa al Ministerio de Cultura de cometer “barbaridades” con la toponimia gallega