O PSOE pide compromisos firmes para os viais do Polígono de San Cibrao e o Polígono de Tamagos
 
Mentras o deputado socialista López Vidal lamenta que a Xunta non te nin prazos nin vontade para acondicionar os viais interiores do Polígono de San Cibrao, e lembra que estas obras "son urxentes"; o seu compañeiro, Juan Carlos Francisco, acusa ao Goberno de Núñez Feijóo de ter o polígono de Tamagos en Verín supeditado ao que se faga co de Pazos. Os socialistas piden a Xunta celeridade o compromisos claros en ámbolos dous casos
 
 
 
 
22 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O deputado ourensán do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre o calendario e os prazos definitivos que manexa a Xunta para iniciar as obras de ampliación do Polígono de Pazos en Ourense. Aquí denunciou Francisco Rivera que "o Goberno de Feijoo paraliza o polígono de Tamagos a expensas do que pase co polígono de Pazos".

O deputado dixo que cada vez que o conselleiro de Infraestructuras visita á Comarca anuncia a bombo e platillo o remate destas infraestructuras, pero a día de hoxe “seguimos como estamos, nada de nada”, dixo o socialista.
O parlamentario quere coñecer si se vai permitir a ampliación deste Polígono, ou se pola contra se van a derivar as novas empresas que se queren instalar en Pazos ao Polígono de Tamagos. En tódalas preguntas presentadas na Cámara Rivera recibiu como resposta do Director Xeral do IGVS nesta Comisión “un sonoro silencio, é dicir nada de prazos, nada de ampliacións, e nada de compromiso coa Comarca de Verín por parte do Goberno de Feijoo”, aclarou Francisco Rivera.

Pola súa parte, o deputado tamén socialista Pablo López Vidal lamentou que a reparación dos viais interiores do Polígono de San Cibrao das Viñas non sexa unha prioridade, xa que como informou este mércores a directora Xeral de Infraestruturas en comisión parlamentaria “non hai prazos de execución destas obras, nin compromisos de facelo nun tempo razoable”.
López Vidal lembra que estas obras son urxentes, e que, de feito, no pasado mes de xuño foi aprobada por unanimidade unha iniciativa instando á execución destes viais interiores, que están nun estado lamentable de conservación e mantemento.

“A Xunta remite agora a un estudo que están a realizar sobre as estradas da área metropolitana de Ourense e a un futuro convenio que se asinará coa Deputación para reparar dúas estradas que cruzan polo polígono e que son propiedade da institución provincial”, explica.
Para o deputado socialista “a provincia de Ourense está sendo maltratada pola Xunta tamén en materia de solo empresarial”, volveu a recalcar López Vidal.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Juan Carlos Francisco Rivera  
     
   
  Pablo López Vidal