O Concello de Ourense actualiza o seu Inventario de Bens que incorpora 22 altas de novos bens
 
Actualizado o Inventario Municipal de Bens e Dereitos das propiedades do Concello na capital ourensá. Hai 22 altas de novos bens de titularidade municipal e, pola contra, 4 baixas.  As altas son 17 bens inmobles urbanos (11 parcelas en diferentes zonas da cidade), 4 zonas verdes, un local e un Centro Cívico (O Pino), un ben inmoble rústico (unha parcela), unha vía pública, a Rúa Francisco Añón Paz, e un ben de carácter histórico-artístico, a escultura O arco dos Oestrimnios
 
 
 
 
28 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense deu o visto bo na súa xuntanza deste venres, á actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos. O documento, elaborado polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, dá conta das modificacións experimentadas en materia de bens municipais para manter actualizado o Inventario Municipal, documento aprobado definitivamente polo Pleno do Concello na súa sesión de 29 de xullo de 2010.
Neste caso, a modificación recolle un total de 22 altas de novos bens inmobles, mobles, dereitos reais e Patrimonio Municipal de Solo de titulariedade do Concello de Ourense, xunto con 4 baixas de bens inmobles e 20 modificacións de fichas xa existentes.

Concretamente, a actualización do Inventario dá conta de 22 altas: 17 bens inmobles urbanos (11 parcelas en diferentes zonas da cidade), 4 zonas verdes, un local e un Centro Cívico (O Pino), un ben inmoble rústico (unha parcela), unha vía pública: Rúa Francisco Añón Paz, e un ben de carácter histórico-artístico: a escultura O arco dos Oestrimnios), entre outros.
Pola contra, dase conta tamén de 4 baixas, das que tres se corresponden con parcelas que o Concello puxo á disposición da Xunta de Galicia para a construción de novos equipamentos na cidade: concretamente a edificación do novo edificio xudicial, no barrio do Couto, a ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense, na Finca de Mariñamansa e a construción do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia, en Quintela

O documento de actualización do inventario complétase co apartado “outras modificacións” que, ainda que non teñen carácter sustancial, responden ao obxectivo de que o Inventario sexa o máis completo e exacto posible para a mellor xestión do patrimonio municipal. Neste caso, consisten fundamentalmente na incorporación de documentación rexistral, administrativa, corrección de datos, etc.

A Comisión de Pleno tamén deu o visto bo á aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do servizo do Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense, que será presentada tamén a aprobación inicial ante o Pleno do Concello na súa vindeira sesión.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 28, VIERNES
 
Los polígonos industriales, el centro de la ciudad y el Ponte Vella, objetivos de la CIG en la jornada de huelga general del 27-E
Blanco asegura que la huelga fue “un éxito” en Ourense, y que estuvo “por riba do esperado” por la propia CIG
El hiper de Eroski en el Centro Comercial Auria de O Fonsillón llegará en 2013
La Confederación Hidrográfica dragará el río Limia en Xinzo para evitar que llegue a perderse su cauce
Amigos da Terra pide a la ministra Aguilar coherencia y firmeza para la cuenca del Miño-Sil