Presentado o libro "As mulleres en Galicia no século XX" de Jesús de Juana e Julio Prada
 
“Unha visión real e ampla da muller, evitando visións sesgadas que se teñen dado en moitas ocasións", é o que pretende o libo "As mulleres en Galicia no século XX", segundo un dos autores, Julio Prada. O libro, da editorial Ir Indo coa colobaración da Deputación e do Campus de Ourense, foi presentado este luns.
 
 
 
 
Fotografía : M. PAZOS 
 
27 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

Na Deputación de Ourense preentouse este luns o libro “As mulleres en Galicia no século XX”, un sinalado estudo dirixido polos os historiadores Jesús de Juana e Julio Prada, que analiza o papel desenvolvido pola muller ao longo do século pasado, analizando os aspectos políticos, sociais, económicos e culturais desde a óptica feminina, así como os diferentes roles que xogou a muller desde comezos de 1900 ata finais do século pasado.
Na presentación da obra, publicada pola editorial Ir Indo e que conta coa colaboración da Deputación e do Campus de Ourense, participaron xunto aos autores, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a vicerreitora do Campus de Ourense, María lameiras, e o editor Bieito Ledo.

A muller “merece ter o recoñecemento social na historia que se lle negou durante séculos. A historia estivo escrita maioritariamente por homes, de aí que en moitas ocasións non fose contada desde a perspectiva feminina, e por este e moitos outros motivos, publicacións como esta son necesarias para que a sociedade coñeza o fulcral papel que a muller tivo ao longo da historia, sinaladamente, da historia contemporánea en Galicia", sinalou o titular da Deputación de Ourense.

Pola súa banda, Jesús de Juana destacou o contido investigador da publicación, afirmando que os profesores “temos tamén que realizar ademais da labor docente un traballo de servizo á sociedade publicando traballos que contribúan a afondar e enriquecer, como é o caso, o noso coñecemento sobre a muller nas diferentes sociedades ao longo da historia”.

Julio Prada, co-director da obra xunto a De Juana, dixo que no libro tentaron plasmar “unha visión real e ampla da muller, evitando visións sesgadas que se teñen dado en moitas ocasións cando se analiza o papel da muller na vida cotiá e a súa importancia nos acontecementos que marcaron a nosa historia”.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA