O Sabores de Primavera 2012 saldouse con máis de 6.000 votos e 2.000 papeletas nas urnas
 
Na segunda edición do Concurso de Pinchos de Primavera, cuxos premios aos premiados se entregaron este luns, retiraronse das urnas de votación 1928 papeletas válidas e recadáronse 6.000 votos o que supón, que cando menos, venderonsé máis de 6000 pinchos. Os primeiros premios foron para a Vinoteca Acio, o da Prensa; o Restaurante Monterrey, o do Público; e Café-Bar Gaimola, o do Xurado.
 
 
 
 
 
5 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A II edición do Concurso de Pinchos Sabores de Primavera conta xa con novos gañadores. Até 9 establecementos da cidade recibiron este lunes, da man da Concelleira de Cultura e Turismo Isabel Pérez, os diplomas acreditativos dos distintos galardóns outorgados polo público, xurado profesional e medios de comunicación.
Sabores de Primavera desenvolveuse do 3 ao 20 de maio e nel participaron 38 establecementos ourensáns

A iniciativa suscrita no convenio co Instituto de Turismo de España (Turespaña) e desenvolta pola  Concellería de Turísmo a través da empresa de Turismo de Ourense S.A. e a Unión de Hosteleiros de Ourense pecha cun éxito rotundo e absoluto de participación. Nesta segunda edición do Concurso de Pinchos de Primavera retiraronse das urnas de votación 1928 papeletas válidas e recadáronse 6.000 votos o que supón, que cando menos,  venderonsé máis de 6000 pinchos.

Chegado este punto  a edil de Turismo, Isabel Pérez fixo a seguinte reflexión: "se facemos una media do precio dos pinchos e estimamos uns 2€ estamos a falar de ventas polo valor  cando menos de 12.000€ inda que este dato é só a punta do iceberg porque moitos hosteleiros nos comentaron que no seu local tiveron ventas superiores a 700 pinchos  nos días do certamen, polo que o importe é moitísimo maior".

O Salón de Plenos do Concello foi o lugar escollido para facer entrega dos galardóns nas diferentes categorías: Premio do Público, Premio do Xurado e Premio da Prensa.
A tenente de alcalde, Isabel Pérez, indicou que o Concurso de Pinchos Primavera ten garantida a continuidade "como elemento dinamizador do sector hostaleiro da cidade", ao tempo que reivindicou "o valor da gastronomía como atractivo turístico da cidade, que é cada día máis un valor patrimonial ourensán".

Relación de premiados da II edición do Concurso de Pinchos Sabores de Primavera

Premio da Prensa:
1º -  Vinoteca Acio
2º - Restaurante Monterrey
3º - Tapería Atarazana
Accésit - Tapería O´Rural

Premio do Público:
1º -  Restaurante Monterrey
2º -  Vinoteca Acio
3º -  Bar Mery
Accésit -  Bar Fuentefría

Premio do Xurado
1º Premio - Cafe - Bar Gaimola
2º Premio -  Vinoteca Acio
3º Premio -  Tapería O'Rural
Accésit - Tapería Irixo

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO