Cando o afiador chegue á Praza Maior (o 25 deste mes), comenzarán as Festas Maiores de Ourense deste ano
 
Este ano comprirá agardar a chegada do afiador para ver comezar las Festas Maiores de Ourense 2012. Armando Álvarez, afiador e paragüeiro de 76 anos de idade, arribará a Praza Maior de Ourense este 25 de xuño, logo de dez días de viaxe camiñando e afiando por Palencia, Burgos, Valladolid, Madrid e outros lugares do Estado. Cando esto ocurra as Festas da Cidade terán comezado. Así será o acto inaugural (máis que Pregón este ano), dunhas Festas que tamén se aproveitarán do remate da rodaxe da película-documental de Aitor Rei, A última viaxe do Afiador.
 
 
 
 
 
14 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A pouco máis dunha semana para que Ourense celebra as súas Festas Maiores, a Concellaría de Cultura do Concello da cidade vén de presentar os detalles de como será o pregón inaugural deste ano, centrado na figura dos afiadores.
Armando Álvarez, afiador e paragüeiro de 76 anos de idade, arribará a Praza Maior de Ourense este 25 de xuño, logo de dez días de viaxe camiñando e afiando por Palencia, Burgos, Valladolid, Madrid e outros lugares do Estado.
A súa chegada á cidade será o punto de arranque das festas de Ourense, o caluroso recibimento e homenaxe das veciños e veciñas que quedará rexistrado pola equipa de A última viaxe do Afiador, a película-documental que Aitor Rei está a gravar ao redor desta “viaxe de volta”.
O propio espéctaculo do pregón serán as imaxes finais desta cinta.

Na doble presentación do Pregón das Festas 2012 e a película, que conta co apoio e patrocinio da Concellaría de Cultura, déronse cita hoxe na Praza Maior a equipa de gravación do filme xunto coa concelleira de Cultura, Isabel Pérez, así como algúns dos participantes na programación do pregón: o Mago Teto, que ofrecerá un espectáculo de maxia ao redor da figura dos afiadores, e os actores Cándido Pazó e Avelino González, encargados dunha sesión de contacontos e monólogos.

O Salón de Plenos acolleu de seguido este mércores as intervencións da equipa de A Última Viaxe do Afiador, nunha rolda de prensa na que estiveron presente a edil do BNG Isabel Pérez, o director do filme, Aitor Rei, o encargado da documentación e arquivo do documental, Florencio de Arborio (experto e apaixoado do mundo do afiador, posuidor dunha colección única de rodas de afiar con máis de 200 pezas) e o propio protagonista,  Armando Álvarez.
Este último manifestou a súa “profunda emoción” pola oportunidade que o filme lle deu de volver sobre os pasos da viaxe que empredeu  hai case 50 anos, cando apenas maior de idade deixaba a súa aldea de Sanxurxo cara a Madrid "unhas terras polas que non volvin desde aquela viaxe". 

Pola súa banda, Isabel Pérez aplaudiu a reinvindicación que o filme de Rei fai dunha figura "perfectamente definida no imaxinario colectivo ourensán", uns traballadores que foron "embaixadores á forza" e que agora cómpre lembrar e recuperar para a cidade.
Nesta liña, o propio director do filme, Aitor Rei, explicou que "se unha figura así existira nos EUA xa se tería feito milleiros de filmes ao respecto, é preciso que nós, desde os nosos medios, exploremos e reinvindiquemos o noso pasado e tradición, dándolle así presencia e futur"”.

Respecto á xornada do dia 25, será un día "de festa continua" co que Ourense se prepara para inaugurar de xeito oficial unha das súas citas festivas máis importantes do ano, unha tarde repleta de actividades mentres Ourense agarda a chegada do afiador, pregoeiro das Festas 2012, sinalou a titular da Concellería de Cultura e Festas do Concello de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, MARTES
 
Los 4 grupos designan portavoces en el Concello de Ourense y se configura la Xunta de Goberno Local
Obispado de Ourense aparta del sacerdocio al cura y concelleiro socialista de A Gudiña, Antonio Fernández
El PSOE ve al PP detrás de la decisión de Obispado, al que recuerda que hay precedentes en Ourense
El caso del cura y concelleiro de A Gudiña tiene precedentes en la provincia y en Obispado de Ourense
El PP insistirá este martes en el Congreso en la línea matinal del tren que enlace Galicia con Madrid