Medio Ambiente do Concello rematou as obras de mellora e acondicionamento do Parque dos Pulmóns da Ponte
 
Remataron os traballos para remodelar e acondicionar o chamado Parque dos Pulmóns da zona de San Rosendo do barrio de A Ponte. Tres meses foron precisos para rematar con unha actuación desenvolvida en 2.221 metros cadrados de espazo verde, que supuxeron un investimento de 262.880 euros. Este parque ubícase nunza zona que ten experimentado un notable crecemento urbanístico nos últimos anos, o que fixo precisa unha intervención deste tipo.
 
 
 
 
19 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Logo de tres meses de traballos, a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ourense deu este luns por rematadas as obras de remodelación do coñecido como Parque dos Pulmóns, as dúas zonas verdes ubicadas na Rúa de San Rosendo, na urbanización do mesmo nome do barrrio da Ponte.
A actuación, que contou cun orzamento de 262.880 euros, supuxo dotar  ao recinto dunha completa área de xogos infantís con diversos elementos para os cativos ao tempo que se abordou a restauración e mantemento das zonas verdes xa existentes.

O Parque dos Pulmóns ocupa unha superficie total de 2.221 metros cadrados, divididos en dúas zonas verdes cada unha coa súa área de xogos. As obras supuxeron a ampliación en superfecie destas áreas infantís até ocupar un total de 700m2 (297m2  e 403m2), ao tempo que reformáronse para a súa actualización e cumprimento cos estándares de calidade necesarios: substituironse os areneineiros por  pavimento elástico dacordo á normativa vixente e renovaronse as estructuras de xogos, incorporando tres pezas adaptadas a cativos con mobilidade reducida.
Así mesmo, renovou o pavimento da actual zona de beirarrúas que separa ambos recintos, eliminando o actual seto para favorecer a mobilidade e mantendo as actuais alineacións de arbolado. Mobiliario urbán, contentores de lixo e luminarias foron tamén renovados.

O Parque dos Pulmóns ubícase nunha zona que ten experimentado un notable crecemento urbanístico nos últimos anos, razón pola que "era preciso plantexar unha remodelación que respostase ás actuais demandas das veciños e veciños, especialmente no que se refire as zona de xogos, escasamente dotadas e moi reducidas", sinalou este luns a concelleira nacionalista Marta Arribas, ao visitar xunto co alcalde da cidade, o socialista Francisco Rodríguez, o remate destes traballos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA