Manuel Baltar mantén inalterable o discurso reivindicativo a favor dos concellos con centrais hidroeléctricas
 
O presidente da Deputación de Ourense mantén inalterable o seu discurso de que os concellos con centrais hidroeléctricas deben recibir os beneficios que lles corresponden. O alegato reivindicativo de Manuel Baltar vai na dirección de que "cantos máis sexamos, mellos poderemos negociar e defender os intereses muncipais". En Ourense hai 43 os concellos afectados por presas e encoros, e deles, 19 contan con centrais hidroeléctricas. A provincia contabiliza 23 presas e encoros.
 
 
 
 
 
22 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirmou este xoves que os concellos que contan con centrais hidroeléctricas teñen dereito a recibir os beneficios que lles corresponden por ter no seu territorio estas infraestruturas, "e cantos máis sexamos, mellor poderemos negociar e defender os intereses municipais, porque esta é unha maneira máis de financiar os gobernos locais".
O dixo Baltar Blanco na xornada informativa que organizou a Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel para dar conta aos alcaldes dos municipios con encoros das últimas novidades no que atinxe a financiamento e aspectos técnicos, económicos e xurídicos. Esta xornada contou coa presenza de Francisco Sánchez e Javier Gonzalo, coordinador e asesor xurídico da federación, respectivamente.

Manuel Baltar, que é presidente da Asociación de municipios con centrais hidroeléctricas en Ourense e membro da comisión executiva nacional, explicou que as empresas hidroeléctricas "xeran unha serie de beneficios económicos que teñen que reverter nos concellos e, por extensión, nos seus cidadáns", e neste senso, engadiu que a Federación nacional de municipios con encoros "abre unha importante porta para a cooperación, porque desa asociación dos concellos nace unha fortaleza que lles permitirá negociar mellor as condicións para que se recoñezan os dereitos que teñen os concellos que contan con este tipo de infraestruturas hidráulicas".

Na provincia de Ourense son 43 os concellos afectados por presas e encoros, e deles, 19 contan con centrais hidroeléctricas, sendo 23 o total de presas e encoros na provincia de Ourense.
Pola súa banda, a Federación de asociacións de concellos con encoros e centrais hidroeléctricas ven traballando dende hai anos –fundouse en marzo de 1995- na defensa dos intereses destes concellos fronte ás grandes multinacionais e empresas hidroeléctricas.

O seu labor céntrase principalmente en axudar aos pequenos concellos que teñen carencias en materia de asesoramento xurídico e xestión fiscal. Dende a súa creación, a federación ten conseguido importantes aportes económicos para estes municipios tanto coa xestión directa diante das hidroeléctricas como diante da administración do Estado.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MIÉRCOLES
 
Todo dispuesto para el nuevo curso político tras el pleno que fijó el organigrama del Concello de Ourense
Con el apoyo del PP, el Gobierno de Ourense revaloriza el concelleiro y deprecia el grupo municipal
Durante 9 días vuelve a cerrar al tráfico el túnel de O Folgoso en la A-52 en sentido a Ourense
Unións Agrarias insta a Rogelio Martínez a convocar las mesas del vino al estar los contratos vencidos
Amigos da Terra dice que en la comarca de Allariz-Maceda existen una docena de vertederos incontrolados