Nace en Ourense unha nova iniciativa para dinamizar a escena musical e apoiar aos grupos noveis
 
A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense presentou un ciclo de concertos estivais reservado para bandas noveis ourensás. É o ciclo Móvete! Ourense, e a iniciativa é unha proposta da recentemente inaugurada Sala Berlín, novo espazo musical na cidade que aspira a "dar saída a demanda de locais para actuacións musicais que existe en Ourense".
 
 
 
 
22 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Co obxectivo de contribuir e apoiar a creación musical na nosa cidade, a Concellaría de Xuventude do Concello de Ourense presentou o ciclo de concertos de verán Móvete! Ourense, adicado a bandas locais formadas, na súa meirande parte, por xente moza.
A iniciativa é unha proposta da recentemente inaugurada Sala Berlín, un novo espazo musical  que aspira a "dar saída a demanda de locais para actuacións musicais que existe en Ourense", e co que a Concellería colabora na posta en marcha, organización e difusión destes concertos.
Neste sentido, a edil de área Marta Arribas salientou esta mañá que "sempre é positivo que a empresa privada se sume aos nosos compromiso coa cidadanía, neste caso coa mocidade e actividade artística".

Movete! Ourense esta plantexado como un ciclo de concertos totalmente gratuítos cada venres dos meses de xuño, xullo e agosto. Até 15 grupos da provincia de Ourense pasarán polo escenario da Sala Berlin, na rúa Carriarico, os venres a partir das 23.00 cubrindo un amplo especto de estilos que pasan polo hip hop, o rock, o pop, etc.
O primeiro venres de setembro o ciclo remata cun concerto de peche e o sorteo dunha gravación de maqueta co catro temas dalgunha das bandas participantes do ciclo. Segundo explicaban hoxe os representantes da Sala, “pretendemos darlle un pouco de apoio a todas esas bandas que moitas veces non atopan espazos para actuar” e aseguraron que o ciclo xurde con vontade de continuidade.

A Concellaría de Xuventude colabora coa organización e difusión deste "pequeno festival" co ánimo de "dar un novo pulo" a todas esas bandas que existen na cidade "e que despois do ciclo, en setembro, contarán cun novo espazo para eles no Espazo Lusquiños da mocidade, desde o que agardamos seguir apoiando a creación musical nova e ourensá", sinalou a concelleira Marta Arribas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA