A Festa do Pan de Cea deste ano agarda superar os 15.000 visitantes no Campo da Saleta o primeiro de xullo
 
Máis de 15.000 persoas agardan reunir no Campo da Saleta de Cea o primeiro domingo de xullo, día 1, os organizadores da XXI edición da Festa do Pan de Cea que se presentou este xoves. "Cada ano vemos que a festa ten máis aceptación, polo que agardamos poder superar os 15.000 visitantes nesta edición", dixo o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida. Este día, os 17 fornos adscritos a esta Indicación prepararán 2.000 pezas de pan a repartir durante a celebración.
 
 
 
 
 
22 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A XXI Festa do Pan de Cea agarda reunir a máis de 15.000 persoas no Campo da Saleta de Cea o vindeiro domingo 1 de xullo. Así o anunciou este xoves en Ourense o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez, durante a presentación oficial da nova edición desta popular festa, declarada de Interese Turístico.
Carlos Manuel Rodríguez adiantou que "cada ano vemos que a festa ten máis aceptación, polo que agardamos poder superar os 15.000 visitantes nesta edición".
Para conseguilo, durante o domingo 1 de xullo, os 17 fornos adscritos á Indicación Xeográfica Protexida traballarán a reo para poder ter as 2.000 pezas de pan que se repartirán durante a celebración.

"Con isto da crise hai moitos que chaman para saber se este ano tamén vai haber degustación gratuíta de Pan de Cea e chourizos. A todos eles hai que dicirlles que sí, que o Pan de Cea vai levando a crise e que o pan con chourizos no Campo da Saleta está garantido. E de balde!", sinalou en broma o presidente deste Consello Regulador.

Un tradicional pasarrúas a cargo de charangas dará ás 10:00 horas do domingo 1 de xullo pistoletazo de saída á XXI Festa do Pan de Cea.
Tras a recepción das autoridades no campo da Saleta, ás 13:00 horas terá lugar o pregón, que correrá a cargo do actor e humorista José Manuel Puente “Isi”.
Ao rematar o pregón terá lugar a tradicional degustación dos produtos galegos de calidade das 23 denominacións de orixe e indicacións protexidas galegas, que ofrecerán os seus produtos de calidade aos visitantes nos expositores habilitados.
Ademais de Mexillón de Galicia, que participa por primeira vez, tamén estarán presentes os viños das cinco Denominacións de Orixe galegas (Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei); os augardentes de bagazo e herbas, así como os licores café e de herbas amparados pola Denominación Xeográfica Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; os queixos de Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa, entre outros produtos desta Comunidade.

A XXI Festa do Pan de Cea está organizada pola IXP Pan de Cea e o Concello de San Cristovo de Cea, coa colaboración da Deputación de Ourense.
A principal novidade do programa de actos presentado hoxe en Ourense é a celebración do primeiro Maratón de Fútbol 7 Festa do Pan de Cea, que terá lugar ao longo do sábado 30 de xuño e o domingo 1 de xullo nas instalacións do campo de herba sintética do Lodairo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MIÉRCOLES
 
Todo dispuesto para el nuevo curso político tras el pleno que fijó el organigrama del Concello de Ourense
Con el apoyo del PP, el Gobierno de Ourense revaloriza el concelleiro y deprecia el grupo municipal
Durante 9 días vuelve a cerrar al tráfico el túnel de O Folgoso en la A-52 en sentido a Ourense
Unións Agrarias insta a Rogelio Martínez a convocar las mesas del vino al estar los contratos vencidos
Amigos da Terra dice que en la comarca de Allariz-Maceda existen una docena de vertederos incontrolados