O Concello adxudica dous proxectos de posta en valor da cidade como Ben de Interese Cultural
 
A Xunta de Goberno Local na súa sesión semanal deste xoves, aprobou a adxudicación de dúas importantes realizacións para a cidade dende o punto de vista de Ben de Interese Cultural. Trátase do proxecto arqueolóxico de posta en valor e recuperación dos restos romanos achados no contorno das Burgas, por unha banda, e por outra do equipamento do Centro de Interpretación Arqueolóxico Termal que se construirá nesta mesma zona.
 
 
 
 
Presentación do proxecto de restauración do proxecto de consolidación dos restos arqueolóxicos das traseiras das Burgas o pasado 27 de xullo (ARQUIVO)
10 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Os proxectos de posta en  valor das fontes termais das Burgas e o seu contorno que desenvolve o Concello de Ourense, deron este xoves un paso importante coa adxudicación por parte da Xunta de Goberno Local de dúas das actuacións que se desenvolverán este ano para o desenvolvemento deste Ben de Interese Cultural.
Son, concretamente, o proxecto arqueolóxico de posta en valor e recuperación dos restos romanos atopados no contorno das Burgas, e o equipamento do Centro de Interpretación Arqueolóxico Termal que se construirá nesta zona.

Estes proxectos serán financiados polo Concello con cargo á subvención nominativa concedida pola Administración do Estado para a posta en valor deste contorno.
O proxecto de posta en valor e recuperación dos restos arqueolóxicos desenvolverase no espazo das traseiras das Burgas. O seu obxectivo é poñer en valor a zona e garantir a conservación dos restos arqueolóxicos atopados nas mellores condicións posibles, e paralelamente acometer as actuacións necesarias para facer accesible este espazo ao público.
A actuación céntrase na recreación da piscina orixinal, e das columnas, piares e estratigrafías do seu contorno e a reproducción do pavimento, os perpiaños de peche da propia piscina e o muro de mampostería de granito e con morteros mixtos de cal e cemento blanco hidrofugados e tintados con pigmentos inorgánicos.

No tocante á subministración dos contidos previstos no proxecto de musealización e posta en marcha do Centro de Interpretación Termal do contorno BIC das Burgas, a Xunta de Goberno Local determinou a súa adxudicación nun total de 65.340 euros.
Trátase do equipamento deste novo espacio que o Concello porá a disposición dos veciños e visitantes da cidade para o coñecemento e divulgación da riqueza e historia termal da cidade. Daralle o contido funcional e a mensaxe discursiva ao futuro centro de Interpretación, que se acondicionará nos baixos sitos na rúa do Vilar, números 6, 8, 10 e 12 de acordo co proxecto redactado polo arquitecto ourensán Manuel Jorreto.

Será un espazo interpretativo expositivo sobre os mananciais mineromedicinais das Burgas e a historia da cidade converténdose nun punto de encontro coa historia e a evolución de Ourense ao longo dos séculos. "Concíbese coma un proxecto divulgativo e didáctico, que proporcione ao visitante unha concepción global do termalismo mediante ferramentas e propostas audiovisuais e interactivas, que nos permitirán coñecer e facer máis comprensible a temática termal e afondar na historia e cultura da nosa cidade", sinala o propio Concello da cidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Presentado el proyecto que ha de restaurar y consolidar los restos arqueológicos de las traseras de As Burgas  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 10, MIÉRCOLES
 
La "desidia" de la CHM-S en el caso del Embalse de As Conchas obligará a la ministra Aguilar a comparecer en el Senado
Explosiona un artefacto en el Concello de Rairiz de Veiga, posiblemente dirigido a una administrativa
CC.OO. denuncia también que el CHUO "esconde" a los pacientes de Urxencias en la Sala de Observacións
Pereiro de Aguiar tiene un trabajador en el Concello por cada 68 vecinos, hasta un total de 87, 71 eventuales
El PSOE de Carballiño denuncia el veto del alcalde a la presencia de dos ediles socialistas en un acto