Ourense acolleu este mércores o I congreso Galego do Camiño Escolar, que prima a mobilidade sostible
 
Ourense acolleu este mércores no Liceo desta cidade o I congreso Galego do Camiño Escolar, no que participaron todos os implicados neste proxecto de mobilidade sostible para escolares. As ponencias xiraron en torno a facer da cidade de Ourense un entorno seguro en materia viaria, habitable e no que prime a referida mobilidade sostible.
 
 
 
 
13 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, inaugurou este miércoles xunto á concelleira de Educación, Ana Garrido, o I congreso Galego do Camiño Escolar, actividade que promove os desprazamentos a pé ou en bicicleta dos escolares aos centros de ensino e aposta por unha mobilidade urbana sostible e o fomento da seguridade viaria nos centros escolares.

O congreso, desenvolveuse no Liceo Municipal e nel participaron profesionais e técnicos do Concello de Ourense, a Dirección Xeral de Tráfico, a Asociación de Prevención de Accidentes, P (A) T, e representantes do Colexio de Psicólogos de Galicia. As ponencias xiraron en torno a facer da cidade de Ourense un entorno seguro en materia viaria, habitable e no que prime a mobilidade sostible.
No congreso estiveron presentes tamén representantes da administración de Pontevedra ou Culleredo, cidades nas que se seguen experiencias similares ás aplicadas en Ourense a través do Camiño escolar, convertindo as ponencias nun participativo intercambio de experiencias.

O Camiño Escolar é un proxecto da Concellería de Educación que promove dende hai dous anos os desprazamentos ós centros escolares a pé ou en bicicleta dun xeito seguro, á vez que incentiva a socialización entre os nenos, fainos menos dependentes dos adultos e favorece un maior coñecemento dos menores da súa cidade. Asimesmo, tamén impulsa unha serie de transformacións e melloras que fan da cidade máis segura para peóns e vehículos, avaliando os puntos dos entornos escolares con maior factor de risco.

Fomento do Transporte público no Camiño Escolar

Por outra banda, dentro do propio proxecto Camiño Escolar, 440 alumnos do CEIP Mestre Vide participan nunha experiencia piloto que incorpora o transporte público ó Camiño Escolar.
A idea consiste en facilitar ás numerosas familias que se desprazan en vehículo privado dende alonxados puntos da cidade un carnet identificativo gratuíto para todos os alumnos de Educación Infantil e Primaria (de 3 a 12 anos) do CEIP Mestre Vide –e un acompañante- que desexen realizar os itinerarios casa-escola mediante o transporte público da nosa cidade –en días laborables entre as 07:00 e as 14:30 Hs.

"A experiencia pretende colaborar na desconxestión das zonas de entrada e saída do colexio, á vez que se fomenta un medio de transporte sostible e seguro", sinálase ao respecto desde Educación do Concello de Ourense.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA