Os Bolechas traen a Ourense este mércores o seu espectáculo "Brincabolechas. Circo de Nadal"
 
O novo espectáculo "Brincabolechas. Circo de Nadal" de os seis irmáns Bolechas e o seu can, Chispa, chega este mércores, 2 de xaneiro, ao Auditorio Municipal de Ourense. Os populares personaxes infantís estarán acompañados de numerosos artistas e amigos, acóbatas, clowns, cantantes e unhas cantas sorpresas. Dende as seis e media deste mércores no Auditorio desta cidade.
 
 
 
 
 
2 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

Os seis irmáns Bolechas e o seu can, Chispa, siguen de xira este Nadal pola xeografía galega para ofrecer o seu novo espectáculo, "Brincabolechas. Circo de Nadal", que chega a Ourense este mércores, día 2 de xaneiro. Os populares personaxes estarán acompañados por moitos amigos cos que interpretarán diversos números cómicos, de malabares e musicais que farán as delicias de pequenos e maiores.

Este espectáculo está producido por Edicións Bolanda e conta coa produción artística de Pistacatro e a dirección de Marcos PTT. Nel participa un amplo elenco técnico e artístico (entre o que destacan os membros da compañía Xarume que dan vida os propios Bolechas) formado por máis de 30 persoas á fronte das cales estarán, como mestres de cerimonias, os coñecidos artistas Pepa Yáñez e Víctor Mosqueira.

O Circo de Nadal é un musical infantil no que terá un especial protagonismo a banda sonora dos Bolechas, tanto os temas xa coñecidos como os novos que se están a preparar para a ocasión, novas cancións orixinais dos Bolechas que pronto se converterán nun novo éxito musical entre o público infantil galego.
O espectáculo desenvolverase no Auditorio Muncipal da Rúa da Canle desta cidade a partires das seis e media da tarde, e é previble que complete o aforo si xa non é que as entradas se atopen esgotadas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, LUNES
 
Los trabajadores de MEISA aguardan a la reunión del día 10, pero con las movilizaciones convocadas
Renfe cobra el Talgo más caro que el tren de Alta Velocidad Ourense-A Coruña
Apetamcor anuncia que seguirá formando a los transportistas ourensanos durante el año 2012
Acusan al Gobierno de San Cibrao de utilizar la recogida de basura como "pago de favores" a Baltar
En Maceda, el PP pide al BNG y al PSOE mayor respeto a la ciudadanía y mejor gestión en el Concello