Comezaron os preparativos da participación de Perú como país convidado na vindeira edición da Termatalia
 
 
Aínda que quedan meses por diante, comezaron en firme os preparativos da vindeira Termatalia do mes de setembro, sobre todo no tocante á participación de Perú como país convidado nesta edición da Feira. O delegado da Xunta en Ourense e a directora de Turismo de Promerú celebraron a estes efectos unha primeira xuntanza esta pasada fin de semana.
 
 
 
4 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL
 
 
 

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta fin de semana no seu despacho á directora de Turismo de Promperú (Comisión para a Exportación e o Turismo de Perú),  María del Carmen de Reparaz.  Unha visita que se enmarca dentro dunha serie de encontros institucionais coas primeiras autoridades desta cidade con motivo da participación de Perú, como país convidado,  na vindeira edición de Termatalia se celebrará en Expourense no mes de setembro, explica ao respecto a delegación Territorial da Xunta en Ourense.

Esta autoridade do Goberno peruano, que ten rango de viceministra, acudiu a Ourense para coñecer in situ a oferta termal da cidade e as características do recinto feiral de Expourense e, deste xeito, planificar a participación da delegación do seu país na vindeira edición de Termatalia.  
Rogelio Martínez coincidiu xa con María del Carmen de Reparaz o pasado mes de setembro na celebración de Termatalia 2012, que por primeira vez tivo lugar no exterior e que escolleu a cidade de Callao, Perú, como escenario desta feira internacional de Turismo de Saúde e Benestar.

Neste novo encontro, volvéronse a repasar as liñas de actuación e os piares nos que se basea a aposta do Goberno galego polo termalismo como oferta turística de calidade: innovación, atracción ao investimento privado, promoción e dinamización do mercado.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO