Forte arranque do Festival Pórtico do Paraíso: The Harp Consort con primeiro oratorio composto en España
 
No arranque da xesta edición do Festival de Música Pórtico do Paraíso de Ourense, chega a esta cidade este venres si acaso o concerto máis esperado: a interpretación do primeiro oratorio composto en España en 1704, interpretado por última vez en 1729, a cargo do prestixioso grupo internacional The Harp Consort fundado e dirixido polo arpista Andrew Lawrence-King. Será este venres, na Catedral de Ourense, a partires das 21:00 Hs.
 
 
 
 
 
15 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

A cidade de Ourense acolle xa a sexta edición do Festival de Música Internacional Pórtico do Paraíso. O Festival, organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Asociación Pórtico Musical, o Teatro Principal e a Deputación de Ourense, deu comezo este mesmo xoves coa inauguración dunha exposición no Museo Municipal sobre A reconstrución dos instrumentos do Pórtico do Paraíso”, e discurrirá por cinco escenarios diferentes, ademais de contar con actividades paralelas que complementan o programa de concertos.

O primeiro dos concertos, este venres as 21:00 Hs. na Catedral de Ourense, e unha das actuacións centrais da programación deste ano: o prestixioso grupo internacional The Harp Consort, fundado e dirixido polo arpista Andrew Lawrence-King, interpretará o primeiro oratorio composto en España (en 1704), que foi interpretado por última vez en 1729.
As Universidades University of Western Australia e University of Trinidad and Tobago colaboran nesta primicia.
Outra das novidades principais da programación desta edición será o traslado dun dos concertos á Igrexa de San Breixo, en Seixalbo, onde actuará o grupo asturiano de frautas e percusión “Esloqventia”, o que ocurrirá o luns, 18 de febreiro ás 20:30 Hs.

Paralelamente ás actuacións, e ademáis da exposición do Museo municipal, os músicos de Eloqventia, e a soprano Laura Alonso, ofrecerán no Conservatorio de Música encontros cos cidadáns, e Javier Jurado impartirá unha conferencia sobre a obra e vida do compositor Mestre Vide, no Liceo de Ourense.

Tódalas actuacións son de entrada libre e gratuítas, excepto o concerto de Laura Alonso Padín, o venres 22 de febreiro ás 20:30 Hs. no Teatro Principal.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, MIÉRCOLES
 
El alcalde de Ourense propone limitar a 10 minutos por grupo y asunto las intervenciones en los plenos del Concello
El PP se atribuye la convocatoria de la Xunta de Portavoces y los 15 días para presentar propuestas
El TSXG falla que la aprobación de la RPT de O Carballiño de 2008 fue un "simple remedo" de un proceso negociador
Ancianos con procesos gripales comparten con niños y los pintores Pediatría del CHUO de Ourense
Dicen que la viabilidad de Manzaneda no se logrará con precios "atraco" como los de este pasado sábado