A Escola Provincial de Gaitas e o gaiteiro Carlos Núñez abren unha liña de colaboración na divulgación da gaita
 
Coa donación ao arquivo da Escola Provincial de Gaitas dunha importante colección de partituras recollidas nas súas xiras internacionais, o gaiteiro Carlos Núñez e a Escola Provincial de Gaitas de Ourense establecen unha liña de colaboración no ámbito divulgativo. Carlos Núñez estivo este venres na capital ourensá para, ademais, visitar o Museo Internacional de Cornamusas.
 
 
 
 
 
16 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

O gaiteiro Carlos Núñez visitou este venres o Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense, donde coñeceu as coleccións deste espazo expositivo e as novidades do mesmo da man do director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, Xosé Lois Foxo.
Carlos Núñez interesouse polas novas pezas que ven de incorporar o museo á súa colección, entre as que figura o Chorus medieval así como a colección de Pliegos de cordel, recentemente incorporada ao  museo.
Asemade, o afamado gaiteiro donou ao arquivo da Escola Provincial de Gaitas unha importante colección de partituras recollidas nas súas xiras internacionais, establecéndose unha liña de colaboración no ámbito divulgativo entre o gaiteiro e a Escola Provincial de Gaitas.

A Deputación de Ourense lembra que o Museo Internacional de Cornamusas acolle unha das coleccións máis singulares do mundo no ámbito da gaita, e permite facer un percorrido deste instrumento dende a súa orixe e evolución ata á actualidade.
O museo organiza ao longo do ano xornadas de portas abertas para centros de ensino, colectivos sociais e persoas interesadas polas gaitas do mundo.
Nestas xornadas realízanse visitas guiadas para grupos así como mostras interpretativas.

Actualmente o museo alberga 60 variantes das cornamusas de Europa, Asia e África, constituíndo unha das coleccións máis importantes do mundo no seu xénero. No museo tamén se pode contemplar unha importante mostra de plegos de cordel ou coplas de cego así como outros instrumentos asociados á música tradicional e iconografía.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, JUEVES
 
El Concello de Allariz se niega a pagar 360 facturas a proveedores por más de 930.000 euros, según denuncia el PP
Juárez dice en relación con el AVE en Ourense que Madrid no está por "botar abaixo o que fixo o Goberno anterior"
El Grupo Socialista pedirá en la Deputación priorizar el Parque Empresarial de Taboadela
El PSOE dice que sí se presentó Plan de Viabilidade para MEISA, pero que a Feijóo no le interesa que exista
Concluyen los trabajos de renovación y modernización de todas las 11 paradas de taxi de la ciudad