Entrou en servizo o Centro Cívico de Seixalbo, o sexto da rede de centros postos en marcha nos últimos 4 anos
 
Con un investimento de 346.876 euro e un aforo para 100 persoas, entrou en servizo este xoves o Centro Cívico de Seixalbo. É o sexto da rede de centros cívicos desta cidade postos en marcha polo Concello de Ourense. As obras consistiron na rehabilitación dun edificio centenario co obxectivo de convertelo no novo punto de encontro para tódolos veciños deste núcleo.
 
 
 
 
24 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, inaugurou este xoves o novo Centro Cívico de Seixalbo, o sexto da rede de centros cívicos posta en marcha polo Concello de Ourense nos diferentes barrios da cidade durante os últimos 4 anos.
O centro, sito na rúa Estreita, número 1, abrirá de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas, e acollerá tanto as actividades organizadas polo Concello como tamén as promovidas polos propios veciños e asociacións da zona.

As obras consistiron na rehabilitación dun edificio centenario co obxectivo de convertelo no novo punto de encontro para tódolos veciños desta localidade ourensá, un espazo aberto á cidadanía ó que poderán acudir maiores, mozos e nenos. Nel poderanse desenvolver obradoiros, cursos, charlas ou conferencias, facer uso da rede informática, ler e disfrutar do tempo de lecer, contando tamén cun espazo para os cativos.
As obras supuxeron un investimento total de 346.876 euros.
O inmoble foi adquirido polo Concello no seu día por un importe de 90.000 euros.

O edificio orixinal de pedra de 1850 era unha vivenda de dúas plantas de tipoloxía rural que sufriu unha ampliación en 1935, a raíz da cal engadiu outras tres planas.
A día de hoxe, o edificio rehabilitado ten un aforo total de 100 persoas. A superficie construida é de 527 m2, dos que son útiles 375.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 24, JUEVES
 
La Fundación O Belén adeuda a la plantilla del Centro de Menores "Montefiz" de Ourense las extras del año 2011
Manu Chao: "Me es necesario venir a Galicia de vez en cuando para reencontrar mi rumbo, aquí me siento ..."
Constituida la Comisión de Seguimiento de la construcción de la nueva EDAR y demolición de la ...
López Vidal considera a Rogelio Martínez el "muñidor" del affaire de las depuradoras que ahora investiga la OLAF
En el Congreso, el PP no tuvo este miércoles reparos en derrotar todas las enmiendas del PSOE para Ourense