Chegan a Galicia os 90 residentes no exterior que toman parte las Escolas Abertas 2013 de Emigración da Xunta
 
Comezaron a chegar este martes a Galicia os 90 residentes no exterior que tomar parte este ano las Escolas Abertas 2013, actividade que promove e organiza a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. O principal valor desta actividade é que as persoas que toman parte nela son formadores, polo que o que reciben o espallan e divulgan logo nas súas áreas de influencia habitual.
 
 
 
 
 
17 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

Os participantes nos cursos presenciais do programa Escolas Abertas 2013 da Secretaría Xeral da Emigración comezaron] a chegar a Galicia este marte, para comenzar de inmediato os obradoiros de formación de carácter presencial previstos nesta iniciativa, dirixida tanto ás comunidades galegas no exterior como a cidadáns individuais residentes no estranxeiro, segundo informa a Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia que promove e organiza esta actividade.

Trátase dun programa que pretende espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estadía de persoas que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. Desta maneira, a Galicia actual dáse a coñecer da maneira máis efectiva e afectiva.

Os alumnos e alumnas deste programa son, á súa vez, formadores nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega así aos cidadáns da Galicia do Exterior. Coa instrución e mellora de habilidades dos participantes na iniciativa, acrecéntase o interese e a formación de milleiros de galegas e galegos residentes, e mesmo nado, fóra da Galicia territorial.
Así, segundo os cálculos do departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, a formación que a través dos participantes nas distintas edicións anuais de Escolas Abertas espállase a decenas de milleiros de alumnas e alumnos polos centros e casas de Galicia no mundo, pois ata o momento se formaron directamente nas distintas edicións do programa case 600 persoas.

O número de beneficiarios na edición deste ano acada os 90, dos que 34 proceden de Arxentina, 11 de Uruguai, 10 de Cuba, 7 de Venezuela, 6 de Brasil, 7 doutros países americanos, 7 doutros países europeos distintos de España, e 8 doutras comunidades autónomas españolas distintas de Galicia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA