O Cultural de Ourense acolle Objects in mirror are closer than they appear, de María Chenut
 
 
Ata o día 18 de agosto está no Centro Cultural Marcos Valcárcel a exposición de María Chenut Objects in mirror are closer than they appear. É unha gran instalación na que se integra fotografía, escultura, collages e outros elementos que a artista cualifica como "cotiáns"
 
 
 
2 de AGOSTO de 2013: OURENSE DIXITAL
 
 
 

María Chenut, acompañada do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, do asesor de cultura da Deputación, César Fernández e do director do Centro Cultural Marcos Valcarcel, Francisco González, presentou este xoves o catálogo da exposición Objects in mirror are closer than they appear.

Esta exposición, que se pode visitar no Centro Cultural Marcos Valcarcel da Deputación de Ourense ata o 18 de agosto, está conformada por unha gran instalación na que se integran fotografías, esculturas, collages e diferentes elementos cotiáns onde as artistas reflexionan sobre a relación entre as persoas e os obxectos derivado da mudanza de María Chenut a Estados Unidos.

"As exposicións son un tanto como as persoas. Son en si mesmas construcións, interpretacións, capas xustapostas de significado, evidencias dun microcosmos. Fai dous anos a idea para esta mostra era un gabinete de curiosidades, unha maneira de ensinar o meu traballo en relación coas súas influenzas e a miña propia colección de curiosidades", sinalou a autora de esta mostra.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
 
EL TIEMPO en OURENSE