16 propuestas aprobó el Pleno del Debate del Estado de la provincia de 2017 celebrado este jueves
 
 
16 este año frente a las 19 del pasado año, si bien entonces con 9 de Democracia Ourensana que ahora se limitó a pedir la supresión del debate
 
 
 
 
 
 
16 de NOVIEMBRE de 2017: OURENSE DIXITAL

El Pleno de Debate del Estado de la provincia de la Deputación de Ourense celebrado este jueves se saldó con la aprobación de 16 propuestas entre todas las presentadas por los 4 grupos que integran la Corporación Provincial (3 menos que las 19 del mismo Pleno del pasado año). Prosperaron las 10 del Gobierno provincial y 6 más en una sesión en la que el titular de la Deputación, Manuel Baltar, recalcó que "o respecto institucional e a innovación pública son clave para o avance da nosa sociedade".

La sesión discurrió según lo establecido al respecto para este tipo de plenos únicos en el decurso plenario anual de la institución provincial. Las propuestas aprobadas y que, en gran medida, fijan el decurso de la institución provincial en los próximos meses, son las siguientes tal y como las facilita la propia institución provincial:

1.- Política Social: Reforzamento do Consello Social Provincial. Elaborar un mapa de diagnose da provincia e un plan de reforzo do labor que desenvolven as distintas asociacións e entidades, caracterizado pola máxima participación e transparencia.
2.- Emerxencias: Formación en prevención de Incendios. Co obxectivo de que a formación en prevención de incendios chegue a toda provincia, a Deputación porá en marcha un programa de actividades denominado “Semana Provincial de Prevención de Incendios”, implicando ao Consorcio Provincial de Incendios e Salvamento, grupos de bombeiros supramunicipais, G.E.S. e Protección Civil, para que entre todos consigan transmitir dun xeito eficaz a mensaxe da prevención aos ourensáns, con especial atención aos escolares e maiores.
3.- Emerxencias. Rede de helisuperficies. Reforzar o compromiso da Deputación co territorio en materia de prevención de incendios e actuacións en caso de emerxencias, co seu esforzo investidor en infraestruturas, cunha rede de “helisuperficies”  en terreos de titularidade provincial.
4.- Turismo. Aproveitamento do pulo do Xacobeo 2021. Elaborar unha estratexia turística provincial enfocada aos peregrinos, con vistas ao Ano Xacobeo 2021, coa posta en valor dos camiños de Santiago que transcorren pola nosa provincia, así como a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario Antonino que atravesa en diagonal a provincia de Ourense, de suroeste a nordés, desde a fronteira con Portugal en Portela do Home (Lobios) ata a Serra de Enciña da Lastra (Rubiá).
5.- Identidade e cultura propias. Cen anos da Revista Nós. Participar activamente na celebración en 2020 dos cen anos da aparición da Revista Nós, auténtico referente identitario social e político, con berce na nosa provincia.
6.- Cultura e Patrimonio. Aposta por recuperar, conservar e difundir a memoria oral da provincia. A Deputación axudará a preservar para xeracións vindeiras o patrimonio inmaterial da nosa provincia, agora só dispoñible na memoria dos ourensáns máis lonxevos e susceptible de desaparecer progresivamente co paso do tempo. Un xeito de traballar que conta cun espello claro no Centro de Cultura Popular “Xaquín Lourenzo” da Deputación.
7.- Dinamización económica. “marca Ourense”. Estudo da implantación da “marca Ourense” de calidade na produción agroalimentaria, tendo en conta as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas coas que conta o territorio provincial.
8.- “Plan ExportOU”. En convenio coa Confederación de Empresarios de Ourense renovar a alianza para reforzar o apoio ás empresas da provincia no ámbito da internacionalización, reeditando o “Plan Exportou”.
9.- Termalismo. Mesa Técnica Termal. Creación e posta en marcha da Mesa Técnica Termal coordinando diversas administracións en relación a calquera proxecto que se presente, tendo entre os seus obxectivos a axilidade na tramitación.
10.- Cooperación coa Xunta de Galicia. Centros Comarcais. Estudo da xestión e utilización dos antigos centros comarcais da Xunta de Galicia, como xa se está a facer co de Castro Caldelas para situar alí o Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra.
11.- Medio ambiente. Estudo sobre o ciclo da auga. Elaboración dun estudo en colaboración cos concellos da provincia para analizar o ciclo da auga dende os sistemas de abastecemento ata os de depuración, do que se deriven solucións técnicas, económicas e xurídicas que permitan a mellora dos actuais sistemas; evitando fugas nas redes de abastecemento e depuración e optimizando os sistemas. Tendo como obxectivo, facilitarlle medios aos concellos para que cumpran coa normativa, asegurando os futuros abastecementos, contando cos períodos de seca presentes e futuros, así coma que a auga volva en óptimas condicións ó medio natural.
12.- Igualdade. Pacto provincial contra as violencias machistas. Desenvolvemento dun pacto provincial contra as violencias machistas co obxectivo de pór en marcha medidas que tendan a reducir o número de vítimas así coma previr e sensibilizar sobre as situacións de violencia de xénero en todo o noso territorio. Este pacto debe contemplar todas as liñas de actuación estratéxicas así coma definir o papel asistencial da deputación no relativo aos concellos de menos de 20.000 habitantes no eido da igualdade.
13.- Novas tecnoloxías e medio rural. Banda larga. Revisión do proxecto para a implantación dunha rede de acceso a banda larga desenvolvido por esta Deputación e cofinanciado con fondos europeos (FEDER), no marco dos programas Terras do Avia, Delorur e Arraiano, para que cumpran co cometido de ofrecer un servizo de Internet rural de calidade. Este servizo debería permitir o acceso a Internet para o traballo de Pemes e emprendedores do rural como gandeiros, cooperativas, comercialización de produtos ecolóxicos ou venda en liña de produtos de excelencia, entre outros. E no caso de insuficiencia, unha vez efectuada a revisión, que a Deputación desenvolva un plan de implantación tecnolóxica que, mediante convenios de cooperación cos concellos, poña en marcha puntos públicos de acceso a Internet nos núcleos de poboación rural.
14.- Economía. Produtos de calidade. Posta en marcha dun plan de apoio á distribución e comercialización, incluído un plan de marketing e comunicación online, dos produtos de calidade e excelencia da provincia de Ourense tales coma a castaña, carne, viño, pataca, mel, pan, etc.
15.- Cooperación cos concellos. Transparencia. Elaboración dun convenio-marco de colaboración cos concellos da provincia que, en consonancia coa previsión de elaboración dun Plan provincial sobre este eido, asista aos municipios na aplicación do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, xa en vigor dende maio do 16; tendo en conta que comeza a súa obrigatoriedade o vindeiro 25 de maio de 2018.
16.- Infraestruturas. Plan da Rede Viaria. Elaborar un plan da rede viaria provincial encardinado coas redes estatal, galega e fronteira portuguesa, dotándoo de maior orzamento, que permita dedicar os recursos ás vías que prioritariamente o precisen en función de criterios estritamente técnicos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
   
 
HACE HOY UN AÑO
17, JUEVES