A Incineradora, os avións e os ecoloxistas
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
18 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

Acabado o Entroido co domingo de piñata parece que a comarca vai a vivir “outro carnaval” que vai a durar bastante mais tempo.
Primeiro falaremos da NON INCINERADORA, posto que parece que todos están de acordo con que a incineradora non veña para Xinzo. Penso que casi todo o mundo menos algúns membros do PP. Todos os demais están de acordo nalgo, nesto, pensó que por primeira vez na historia desta comarca.

Efectivamente os postos de traballo que se crearían coa famosa incineradora non paliarían os efectos secundarios que veñen con ela. Tampouco merece moito a pena tratar de analizar estes pormenores.
Decía que menos algún membros do PP, posto que o principio ata o alcalde dubidou en rexeitar a pranta. Ninguén entende tanta tardanza cando todos os vecinos están, como decía antes, de acordo na súa negación.
Tampouco outros entenden como dende o PP provincial se anunciou a pranta con posibilidades para esta comarca, sabendo que ésta é unha zona ZEPA, co cual é imposible a sua instalación. Ou unha cousa ou a outra, polo tanto, a pregunta sería: ¿a quen querían meter un gol con esa información en época electoral? 
A resposta a esta pregunta téñena que facer o responsables do partido. O que está craro é que a resposta de todos os veciños nesta cuestión e casi unánime, ainda que soio foran 200 os que se manifestaron.

Os que si se manifestaron foron, sobre todo, os  “ecoloxistas”, que tamén se  manifestaron con moita rapidez á noticia da base dos avions non tripulados para Trasmiras.
Sobor desta cuestión creo que a unanimidade tamén esta garantida, pero desta vez contraria aos ecoloxistas.
Realmente eu faria aquí tamen outra pregunta: ¿alguén coñece os páxaros que din que sairian perxudicados coa instalación da base?. Confeso a miña ignorancia ornitolóxica. Pero ademais deso argumentan a seguridade que a partir da sua instalación teríamos na zona.
Eu preguntaríalle aos ecoloxistas si pensaron nalgún momento na cantidade de parados que hai na Limia e na de influencia e nas industrias e traballos auxiliares que se crearían na mesma arredor da base. Está craro que a partir de ese momento nada sería igual que agora. Pero tamén penso que desta vez os ecoloxistas non pensan para nada nas persoas, coma si os animais fosen tan importantes como as persoas.
A pena sería que o Goberno da nación insistira en levala para outro sitio mais socialista que este, e outra vez quedemos coa mel nos beizos.
E así os paxaros seguirán vivindo felices mentras os ecoloxistas seguirán opinando sin contar coa opinión dos vecinos.
Unha magoa.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google