A incineradora en Rairiz?
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
11 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

O asunto da incineradora parece a ruleta rusa. Ata hoxe dise que vai a vir para Ourense, e nos últimos días corren rumores de que como para Xinzo xa dixeron que non, ademais de montarse unha plataforma en contra -plataforma que agora se estende as terras da Limia Baixa e as de Celanova-, a cousa ponselle mal a todos os alcaldes a onde se dice que pode ir.
Pero claro agora aparece o mirlo branco, que máis que mirlo branco semella máis un corvo, que non ten escrupulos para acoller no seu territorio a incineradora.

Esto xurdiu nun comentario de taberna, onde solen sair todos os comentarios que despois chegan a ser portadas de moitos diarios e ata nomes de pactos levan nomes de restaurantes, hoteis, e lóxicamente este levará o nome da taberna, na que un veciño, según él de boa tinta sabe que Xaquín o meteorito con tal de ir no PP, firmou todo o que lle puxeron os mandatarios do partido.
Outro dos comentarios da taberna, neste caso da zona de Verea, tamén sinala que o propio alcalde estaba a ofertar postos de traballo a destro e sinistro para todos os veciños, para que vexan que gracias a ir él no PP van ter todos traballo.
Pois nada, o de que está ofertando postos de traballo nadie o dubida, ainda que a oposición non diga nada, posto que o fin e o cabo é traballo para os seus vecinos, e todo esto ven moi ben para unha comarca deprimida como é esta parte da Limia.

Lóxicamente hai que supór que o alcalde o negará categóricamente, como fixeron todos antes. Ou non, porque, o fin e o cabo, que máis lle da dicir agora unha cousa e despois outra. Non hai que esquecer que fai catro anos dicía que os do PP eran a peste. Pois mira ti por onde chegando il o PP o que quere é traer a peste, é dicir a inicineradora, para o seu concello.
Mirade, si fose certo efectivamente neste caso acertaría no calificativo, ainda que os que siguen sendo do PP non lles gustará nada esto.

Sinto moito, pero a plataforma terá que tomar nota, non vai ser que o comentario de taberna sexa certo.
O que está claro é que para que o PP o leve como candidato, despois de todo o que dí o presidente do partido sobre alcaldes coma este, aínda non se sabe que se deron mutuamente. E recórdese, ninguén do partido o veu presentar, se conoce que non lles gostaría moito o retrato.
¿Non vos dice nada eso?
¡Dios nos pille confesados!

hidaciodalimia@hotmail.es

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google