Castrelo de Miño acomete unha nova fase para rebaixar o consumo das luminarias públicas
 
Tanto por criterios medio ambientais como de aforro, o Concello de Castrelo de Miño sigue a substituir o antiguo alumeado por novos sistemas. Agora cóntase cunha partida de 60.000 euros para tales tarefas. Resulta que o consumo do alumeado público representa un gasto das dúas terceiras partes do recibo da luz deste Concello.
 
 
 
 
11 de SETEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Concello de Castrelo de Miño está acometento a substitución do antigo alumeado na estrada principal diante da Consistorial e nos núcleos de Cortiñas, Paradela e O Pazo, para aforrar no recibo da luz.
A obra está cofinanciada polo INEGA e polo propio Concello que dirixe o nacionalista Xurxo Rodríguez Méndez, e conta cun orzamento de 60.000 euros.
O Concello recorda que antes, entre os anos 2008 e 2011, xa se fixeron melloras similares nos pobos de Freás, A Cancela, Barral, Prado de Miño, Vide de Miño, Astariz, Oleiros, Frieira, Casardeita, Fondo de Vila, Noallo de Arriba, Meizo, Couso, Santo Estevo e Troncoso.

Segundo o Concello de Castrelo de Miño, o consumo eléctrico do alumeado público supón o equivalente a máis das dúas terceiras partes do consumo eléctrico por todos os conceptos é decir, máis do 66% do recibo da luz.
Xunto a este feito, o Concello considera que tamén é preciso ter en conta a preservación do medio ambiente e os recursos naturais. "Aforrar e optimizar o uso da enerxia é un obxectivo prioritario, tanto desde a óptica da mellora do medio ambiente como da reducción do gasto e o aforro en tempos de crise", sinala o Concello que dirixe Rodríguez Méndez.

Agora, continuando coa aplicación do estudo de aforro enerxético feito xa no seu día, neste mes de setembro de 2012 estase procedendo á substitución do antigo alumeado nos núcleos de Paradela, Cortiñas e O Pazo, así como na estrada principal diante da casa do Concello. As obras consisten na substitución das equipas de iluminación instaladas (reactancia, arrancador e condensador) por un módulo de reactancia electrónica con corrección do factor de potencia, substitución do cadro eléctrico por outro cadro de control computerizado, e substitución das luminarias, báculos, columnas, canalización eléctrica e cableado en mal estado debido á súa antiguedade, entre outras melloras.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Un estudo da Xunta reflexa que o 70% do recibo da luz dos concellos corresponde ao alumeado público  
     
   
  Xurxo Rodríguez Méndez, alcalde de Castrelo de Miño  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA