Dada a excelente resposta que está tendo esta iniciativa, a Concellería de Educación decide ampliar ata o día 9 do mes de xuño a Campaña de Animación á Lectura do Concello de Ourense. A mostra, que pretende fomentar o hábito de lectura nos alumnos de Infantil e Primaria de tódolos centros da cidade, sigue aberta no IES Otero Pedrayo desta cidade, de martes a venres de 17:30 a 18:30 Hs., e o departamento de Ana Garrido prevé que pasen por ela casi 3.000 escolares desta cidade.
 
Noticias Relacionadas
  O Concello de Orense achega a literatura ata o 4 de xuño a máis de 2.600 escolares da cidade
 
 
A exposición da Campaña de Animación á Lectura do Concello amplíase ata o día 9 de xuño
20 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense ampliará ata o día 9 de xuño a exposición da XXI Campaña de Animación á Lectura coa finalidade de dar resposta ó gran número de peticións de visitas didácticas por parte dos centros educativos da cidade, informa este mércores o departamento de Ana Garrido. A día de hoxe, xa está confirmada a visita de 2.900 alumnos de Educación Infantil e Primaria dos colexios de Ourense.
A exposición aumenta este ano o número de participantes en visitas didácticas de grupos escolares: 2.900 nenos, 700 máis que o curso anterior. Son alumnos de entre 3 e 10 anos, de tódolos colexios de infantil e primaria da cidade, un total de 33 centros públicos e privados.

O obxectivo desta campaña é acadar hábitos de lectura e escritura nos escolares ourensáns. Coa temática deste curso “A Poesía” abárcase ademáis un campo da literatura menos traballado e ás veces esquecido, utilizando ademáis as novas tecnoloxías, como a pizarra dixital e o libro dixital. Como novidade, este ano a exposición abrirase ó público en xeral, de martes a venres, de 17,30 a 18,30 horas, para que os escolares podan visitala cos seus familiares.

A concelleira de Educación, Ana Garrido, visitou este mércores a exposición, que constitúe o colofón da Campaña de Animación á Lectura que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense durante todo o curso escolar, e que conta con actividades como “Dálle forma aos teus contos”, para nenos de 4 e 5 anos, “Contacontos nas aulas”, para nenos de 3 a 8 anos, “Visitas a Bibliotecas Municipais”, un “Poemario animado”, “Encontros con autores”, así como o curso para profesores “Arquitecturas de papel” e unhas “Tertulias literarias”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página