Rueda e Camba visitaron en Punta Arenas as comunidades galegas no Sur de Chile
 
Por primeira, de xeito oficial, membros da Xunta de Galicia visitaron aos emigrantes galegos do sur de Chile, concretamente de Punta Arenas. Aquí estiveron o conselleiro de Presidencia e Administracións Públicas, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba
 
 
 
 
 
7 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, mantiveron unha reunión con distintos membros da colectividade galega de Punta Arenas, na que tiveron oportunidade de visitar a sede da Sociedad Española de o conselleiro de Presidencia destacou os importantes vínculos que unen a chilenos e galegos, especialmente marcados polo mar, cunha gran tradición pesqueira que se mantén no día de hoxe, xa que no sur de Chile se atopan varias empresas de capital galego adicadas á pesca e á conserva.
Nesa liña, Rueda recordou que nos últimos vinte anos as compañías galegas se teñen consolidado neste país suramericano e gabou a capacidade emprendedora do pobo galego, capaz de dinamizar a nosa economía e a doutras rexións a través da internacionalización das súas compañías.

Así mesmo, tamén agradeceu a acollida dada aos galegos e a todos os chegados de fóra á zona de Magallanes e da Antártica chilena, da que recordou que sempre ten sido punto de encontro e un símbolo da capacidade das persoas de vencer as adversidades e saír adiante aínda en cuestións difíciles. Unha virtude que, dixo Rueda, coñecen ben os galegos que tiveron que emigrar e de cuxa actitude se sinte orgullosa toda Galicia.
“Os galegos témonos sentido orgullosos sempre de poder afrontar con éxito as adversidades, as durezas e os obstáculos da vida”, rematou o titular de Presidencia do Goberno galego, que vinculou esta forma de ser tanto á diáspora que no seu día tivo que emigrar como aos actuais emprendedores que deixan Galicia na procura de novos horizontes.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google