Santiago Camba distinguido coa medalla de ouro da Coordinadora das Asociacións Galegas de Alemaña
 
Santiago Camba Bouzas, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, ven de ser distinguido coa medalla de ouro da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas de Alemaña. A Coordinadora representa a máis de 900 socios, a inmensa maioría galegos neste país
 
 
 
 
25 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, ven de ser galardoado coa medalla de ouro, na súa edición de 2011, da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas de Alemaña. Trátase dunha entidade da que forman parte os nove centros galegos no país centroeuropeo, que foi fundada hai xa quince anos, e que preside Ramiro Vieito.

Na xuntanza da Coordinadora celebrada en Frankfurt, na sede dunhas das asociacións integrantes, acordouse por unanimidade conceder esta distinción a Santiago Camba, “en virtude da traxectoria de defensa dos intereses da diáspora galega na institución que representa”.
Antes de Camba, teñen recibido esta distinción outorgada pola entidade que engloba ás asociacións de emigrantes galegos en Alemaña, entre outros, o ex conselleiro da Emigración Aurelio Miras, ou algunha das publicacións editadas en Galicia e destinadas á diáspora.

Os centros que forman na actualidade a Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña son o Centro Galego de Nürnberg, o Centro Cultural Galego de Frankfurt, o Centro Cultural e Deportivo de Galicia Emigrante 1972 de Gütersloh, o Centro Cultural Galego de Cuxhaven, a Asociación Cultural Galega de Hamburgo, o Centro Galego de Hannover, a Peña Galega de Múnic, a Sociedade Galega Deutsch-Spanische Vereinigung de Sindelfingen, o Círculo da Cultura Galega e Cabaleiros de Santiago de Nürnberg, o Grupo Cultural Galego de Troisdorf, e o Club Galicia de Bonn.
A entidade conta na actualidade con máis de 9.000 socios en total, dos que máis do 95% son galegos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba Bouzas  
     
  Noticias Relacionadas  
  Emigración da Xunta volve a denunciar trabas para tramitar os emigrantes galegos a tarxeta sanitaria  
     
     
 
 
     
 
 
 
   

 

Añade OuD a tu Google