O Concello de Ourense ampliará 2,2 kilómetros ata o Barbantiño o camiño que enlaza Outariz con Untes
 
O Concello de Ourense acomete a prolongación dos camiños que discurren pola beira dereita do Miño e que na actualidade chegan ata Untes dende Outariz. Quéreselle dar continuidad ao camiño xa existente e prolongalo entre o camping de Untes e o río Barbantiño
 
 
 
 
6 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa reunión semanal de ese xoves o expediente para contratar a redacción dun estudio de alternativas da senda peonil entre o Regato do Val e o río Barbantiño (en Punxín), adxudicado a Jesús Carlos García Rodríguez.

Trátase dun treito que dará continuidade á senda xa existente entre Outariz e Untes, e á senda entre o camping de Untes e o propio regato do Val.
Concretamente, a lonxitude do novo treito acadaría os 2,2 quilómetros, que se prolongarán entre o camping de Untes e o río Barbantiño, onde remata o término municipal.

A redacción do estudo de alternativas consistirá no estudio da zona de ribeira do río Miño na súa marxe dereita, co obxectivo de dar continuidade á senda peonil existente. Deste xeito, potenciarase a imaxe do río Miño revitalizando e desenvolvendo o espacio paisaxísticamente, posibilitando actividades de esparexemento e mellorando á súa vez a convivencia e calidade de vida dos cidadáns.
Asimesmo, crearanse novos espacios verdes e se dotará de zonas recreativas e ocio para desfrute dos veciños.

Derrubo de 5 vivendas en ruínas na Ponte Lebrona

Nesta mesma sesión, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na sesión deste xoves conceder á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil licenza urbanística para executar o proxecto de derribo das edificacións en estado de ruína ubicadas nas proximidades da Ponte do Milenio.
Trátase, concretamente, dos edificios en ruína anteriormente adicados a vivendas e almacéns, sitos entre os números 3 e 11 da rúa Ponte Lebrona, nas inmediacións da Ponte do Milenio, na súa desembocadura na rúa Pardo de Cela.
Son, en total, 5 edificios: os números 3, 5, 7, 9 e 11 da rúa Ponte Lebrona, que se atopan nos terreos que o Concello de Ourense puxo á disposición da Confederación Hidrográfica do Miño Sil para a construción da que será a súa nova sé central, na cidade de Ourense. Polo tanto lindantes coas novas instalacións da Confederación.

O Concello sinala que “son edificios contiguos, non sometidos a ningún tipo de protección, de similar tipoloxía construtiva, que se atopan deshabitados estando na actualidade tódalas construcións en estado ruinoso”, polo que non teñen que existir trabas para a súa demolición.
Os solares onde se atopan as edificacións ocupan unha superficie de 975 m2, e o proxecto de derribo ten un orzamento de case 17.000 euros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 6, JUEVES
 
Un coche se llevó por delante mientras hacía footing al empresario Rodríguez de la Fuente
El nuevo viaducto sobre el Miño en Castrelo podría estar listo a finales del mes de julio próximo
La CHM-S anuncia el comienzo en breve de la recuperación del río Limia a su paso por Xinzo
El PP denuncia que hay numerosas carterías de Correos mal cubiertas en la provincia de Ourense
Xurden os “Sábados de lecer”, unha alternativa de ocio e cultura dirixida aos cativos
 

 

Añade OuD a tu Google