O Sen Batuta xa ten relevo, ao presentarse este xoves a Cuarta Edición deste Ciclo de Música de Cámara
 
Para cando o mes que ven, xuño, o Cuarteto Quiroga remate o Ciclo de Música de Cámara “Sen Batuta”, xa hai outro “Sen Batuta” preparado para a vindeira tempada. Será a cuarta dun ciclo de música que se considera xa totalmente asentado en Ourense, e que se din “marcadas pola excelencia e a fidelización de público”
 
 
 
 
6 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Configurado o programa para a edición 2011/2012 do Ciclo de Música “Sen Batuta”, que prmove a Concellería de Cultura do Concello de Ourense, e que foi presentado este xoves. Fai a número catro na historia desta tempada regular adicada á musica de cámara. 
Un ano máis  intérpretes de primeiro nivel na vangarda internacional desta disciplina musical visitarán Ourense os primeiros xoves de cada mes, cun programa no que destacan nomes como o Hagen Quarttet, considerado hoxe o mellor cuarteto de corda do mundo,  ou Forma Antiqva, referencia na interpretación de repertorio antigo no Estado.

A concelleira de Cultura e tenente de alcalde, Isabel Pérez, falou este xoves ao referirse ao Ciclo dunha actividade “plena e absolutamente consolidada”, un “ciclo imprescindible na cidade, enmarcado nese noso reto de facermos de Ourense Cidade da Cultura do futuro”. Na presentación estivo tamén o impulsor e organizador do “Sen Batuta”, Cibran Sierra.
Sinalouse que esta nova edición continua a tónica de anos anteriores, a vontade de ser un ciclo regular con programación estable os primeiros xoves de mes nun espazo fixo como é o Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo e que “se enriquece con actividades paralelas que aportan valor engadido”, como son os encontros cos músicos de forma previa aos concertos e as unidades didácticas cos que se traballa nos centros do ensino da cidade.
Todo esto lexitimado por unha programación “marcada pola excelencia e a calidade” e que abrangue algunhas das figuras máis salientables do panorama da música clásica en xeral.

A este respecto a tenente de alcalde de Ourense, Isabel Pérez,  amosou a súa satisfacción “ante a aumento e fidelización de público que rexistra esta actividade, que cumple a doble función que marca a nosa política cultural:  satisfacer unha demanda cultural dos propios cidadáns e, ao mesmo tempo, que sirva para que Ourense se coloque no mapa da programación cultural alén do noso termo municipal”. 
Pola súa banda o Director Artístico do ciclo, Cibrán Sierra, destacou a “aposta de futuro” que supón este ciclo de música, “xa que estamos a conseguir desbotar o mito de que a música de cámara só é para as elites, creando novos públicos”.
Neste sentido, ambos fixeron fincapé no aumento de público rexistrado nesta pasada edición (que remata o vindeiro mes de xuño co concerto final do Cuarteto Quiroga) e renovaron o seu compromiso de seguir traballando pola calidade dunha iniciativa musical que xa é, por regularidade, accesibilidade e actividades engadidas, único en Galiza e o Estado.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google