El Grupo Provincial del PP volverá a agotar el cupo de propuestas, 10, del Pleno del Debate del Estado de la provincia
 
 
Los populares inciden en esta ocasión en reforzar los grupos de emergencias supramunicipales y en que las propuestas "completan o Plan Ourense 15-19"
 
 
 
 
 
 
14 de NOVIEMBRE de 2017: OURENSE DIXITAL

Al igual que en anteriores ocasiones, el Grupo Provincial del Partido Popular agotará el máximo de propuestas, 10, en el Pleno del Debate del Estado de la provincia que se celebrará este jueves, día 16. Así lo anunció el portavoz del Grupo Popular en la Deputación ourensana, Plácido Álvarez Dobaño, este martes, señalando que estas propuestas "recollen accións en materia de política social, turismo, identidade, cultura, dinamización económica, termalismo e cooperación, aínda que compre destacar a atención prestada a iniciativas relacionadas con actuacións no área de emerxencias". Según Álvarez Dobaño, "estas propostas veñen a completar o Plan Ourense 15-19, un proxecto de acción de goberno baseado na planificación pero sempre aberto a novas incorporacións, en resposta ás necesidades desta provincia".

El coordinador del Grupo Popular, Pablo Pérez, incidió especialmente en las iniciativas relativas a emergencias incluyendo en este ámbito las relativas al campo de las últimas tecnologías, y manifestó que los grupos de emergencias supramunicipales de la provincia "precisaban de accións complementarias de cara á sensibilización da sociedade, de ahí que unha das nosas propostas teña como obxectivo transmitir á sociedade ourensá, con especial atención a escolares e maiores, a necesidade de incidir na prevención".

 

Las 10 propuestas del Grupo Provincial del PP

 

Política Social
1- Reforzamento do Consello Social Provincial. Elaborar un mapa de diagnose da provincia e un plan de reforzo do labor que desenvolven as distintas asociacións e entidades, caracterizado pola máxima participación e transparencia.

Emerxencias
2- Formación en prevención de Incendios
Co obxectivo de que a formación en prevención de incendios chegue a toda provincia, a Deputación porá en marcha un programa de actividades denominado “Semana Provincial de Prevención de Incendios”, implicando ao Consorcio Provincial de Incendios e Salvamento, grupos de bombeiros supramunicipais, G.E.S. e Protección Civil, para que entre todos consigan transmitir dun xeito eficaz a mensaxe da prevención aos ourensáns, con especial atención aos escolares e maiores.

3- Rede de helisuperficies
Reforzar o compromiso da Deputación co territorio en materia de prevención de incendios e actuacións en caso de emerxencias, co seu esforzo inversor en infraestruturas, cunha rede de “Helisuperficies”  en terreos de titularidade provincial.

Turismo
4- Aproveitamento do pulo do Ano Xacobeo 2021
Elaborar unha estratexia turística provincial enfocada aos peregrinos, con vistas ao Xacobeo 2021, coa posta en valor dos camiños de Santiago que transcorren pola nosa provincia, así como a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario Antonino que atravesa en diagonal a provincia de Ourense, de suroeste a nordés, desde a fronteira con Portugal en Portela do Home (Lobios) ata a serra de Enciña da Lastra (Rubiá

Identidade e cultura propia
5- Cen anos da Revista Nós
Participar activamente na celebración en 2020 dos cen anos da aparición da Revista Nós, auténtico referente identitario social e político con berce na nosa provincia.

Cultura e Patrimonio
6- Aposta por recuperar, conservar e difundir a memoria oral da provincia
A Deputación axudará a preservar para xeracións vindeiras o patrimonio inmaterial da nosa provincia, agora só dispoñible na memoria dos ourensáns máis lonxevos e susceptible de desaparecer progresivamente co paso do tempo. Un xeito de traballar que conta cun espello claro no Centro de Cultura Popular “Xaquín Lourenzo” desta Deputación Provincial.

Dinamización económica

7- “Marca Ourense”
Estudo da implantación da  “marca Ourense” de calidade na produción agroalimentaria, tendo en conta as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas coas que contamos no territorio provincial.

8- “Plan Exportou”
En convenio coa Confederación de Empresarios de Ourense renovar a alianza para reforzar o apoio ás empresas da provincia no ámbito da internacionalización, reeditando o “Plan Exportou”.

Termalismo
9- Mesa Técnica Termal
Creación e posta en marcha da Mesa Técnica Termal coordinando diversas administracións en relación a calquera proxecto que se presente, tendo entre os seus obxectivos a axilidade na tramitación.

Cooperacion coa Xunta de Galicia
10- Centros Comarcais 
Estudo da xestión e utilización dos antigos centros comarcais da Xunta de Galicia, como estamos a facer co de Castro Caldelas para ubicar alí o Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El BNG repite supresión del INORDE y reitera la necesidad de un nuevo modelo de cooperación con los concellos  
  DO hace una sola y única propuesta: que no se haga el Debate del Estado de la provincia  
  Hace un Año  
  El PP anuncia para el Pleno del Estado de la Provincia un decálogo "estratéxico para o futuro desta provincia"  
  El BNG plantea 12,3 millones en 3 años en un plan de empleo y 100.000 euros/año para cada concello  
  DO plantea al Pleno del Estado de la Provincia 9 propuestas de corte popular como difícilmente realizable  
     
 
 
     
 
 
 
   
   
 
HACE HOY UN AÑO
15, MARTES