El BNG repite supresión del INORDE y reitera la necesidad de un nuevo modelo de cooperación con los concellos
 
 
Los nacionalistas arrancan sus propuestas proponiendo una mesa de diálogo que estudie el nuevo modelo de cooperación con los concellos de la provincia
 
 
 
 
 
 
14 de NOVIEMBRE de 2017: OURENSE DIXITAL

También al igual que el pasado año, el BNG agota el cupo de propuestas de resolución (10) que el Grupo Provincial nacionalista presentará al Pleno de Debate del Estado de la provincia de este jueves. El decálogo propositivo del BNG arranca esta vez por la creación de una mesa de diálogo que estudie el nuevo modelo de cooperación con los concellos, frente a la batería de acciones de 2017 que partía con un plan plurianual de 12,3 millones de euros en materia de empleo. Se repite la petición de supresión del INORDE y se plantea tanto la eliminación de porcentaje del 5% que actualmente cobra la Deputación a los concellos por gestionar precisamente el cobro de los tributos municipales, como un plan para paliar los efectos de la seca en la provincia.

 

El decálogo de propuestas del BNG

1. Creación dunha mesa de diálogo para estudar un novo modelo de cooperación cos Concellos.
Nós propuxemos hai poucas datas, nun pleno monográfico, un Plan Único, convencidos de que con este modelo saen gañando os veciños e veciñas desta provincia. Reiteramos hoxe aquí esta proposta e pedímoslle que convoque unha mesa de diálogo na que estean representados os concellos, para abrir un debate franco e sincero a respecto dunha fórmula de reparto que rache co actual modelo. Pedímoslle, señor presidente que teña altura de miras e xenerosidade.

2. Participación e Transparencia.
É preciso abrir un debate nesta Deputación para modificar o actual regulamento. Un debate que impida que a maioría absoluta que vostedes ostentan poida deturpar a vontade do resto dos grupos da oposición.
Incorporar no Regulamento da Deputación mecanismos que permitan a participación real e efectiva da veciñanza:
— Posta en marcha dun proceso participativo para a elaboración dos Orzamentos
— Dar voz á veciñanza habilitando as canles axeitadas para a participación a través dos mecanismos dos que se dotou esta Deputación, nomeadamente Comisións informativas e Plenos.

3. Plan da Rede Viaria.
Elaborar un plan da rede viaria provincial encardinado coas redes estatal, galega e fronterira portuguesa, dotandoo de maior orzamento, que permita adicar os recursos ás vías que prioritariamente o precisen en función de criterios estritamente técnicos.

4. Supresión do INORDE.

5. Posta en aluguer dos predios que esta deputación posúe na Limia.
A Deputación posúe un importante e numeroso patrimonio agro-gandeiro e algún del está en desuso ou ocioso. Elaborados os correspondente pregos de condicións, sacar, antes do remate do ano en curso, ou como moi tarde no primeiro mes de 2017, a aluguer os predios que a deputación ten na Limia para que ben aqueles que se incorporen á actividade agraria por primeira vez, ben aqueloutros que precisan máis base territorial, poidan facer máis viábeis as súas explotacións.
Cesión á Xunta, ou a outras entidades locais interesadas, das granxas coas que conta a Deputación na actualidade.

6. Eliminación da porcentaxe do 5% que actualmente está a cobrar aos concellos pola xestión e cobro dos distintos tributos municipais.
7. Elaboración dun Plan de infraestruturas e actividades Culturais e Deportivas.
Aprobar un plan de infraestruturas culturais e deportivas, que teña en conta a realidade e de acordo ao mapa municipal de infraestruturas que xa posúe candaseu concello, así como as súas necesidades e demandas e tamén o esforzo económico daqueles que están prestando os servizos. Para evitar a discrecionalidade á hora do reparto de fondos, farase unha convocatoria anual e a adxudicación revestirá a fórmula de concorrencia competitiva.
No que atinxe á actividade cultural que existe na provincia, ás veces dá a sensación de que as dúas principais administracións, Deputación e Concellos, lonxe de colaborar na elaboración dun programa racional, compiten entre elas, producíndose ás veces un solapamento evidente entre as ofertas culturais de ámbalas dúas institucións. Neste sentido propomos a constitución dunha Comisión Intermunicipal Deputación-Concello para abordar a elaboración dunha axenda cultural complementar e onde se aborde tamén a posibilidade de camiñar cara unha xestión mancomunada dos distintos espazos culturais e deportivos que posúe a Deputación.

8. Recuperación da xestión pública e paralización dos procesos de privatización.
A Deputación xa hai tempo que iniciou a senda da privatización, con resultado dispar. Primeiro foron os centros ecuestres, aínda que o de Vilamarín fora un auténtico fiasco. O Plan 15-19 fala de privatizar o servizo de recollida do lixo, o Consorcio Provincial de defensa e extinción e tamén abre a posibilidade ao servizo de vías e obras.
Desde o BNG entendemos que a prestación destes servizos debe ser desde o ámbito do público polo que solicitamos que, publicamente, o señor Presidente manifeste en sede plenaria a decisión de desistir na adxudicación da xestión do Consorcio Provincial, así como das previsíbeis adxudicacións do lixo e do servizo de vías e obras.

9. Creación da Área Integral de Cooperación Municipal.
Si algún sentido teñen as deputacións é en todo aquilo que significa cooperación cos concellos. Por iso, e mentres estas non desaparezan, para evitar as disfuncións e descoordenación que na actualidade se está a producir, entendemos preciso a creación da Área de Xestión Integrada de Cooperación Municipal, que de xeito transversal se encargue da coordinación cos concellos en todas aquelas asuntos que sexan da súa competencia. Con isto evitaríamos, entre outras cousas, que por parte dos responsábeis dos concellos se teña que andar pelegrinando de negociado en negociado pola institución para resolver calquera cuestión.

10. Axudas para paliar os efectos da seca na provincia de Ourense: a ausencia de choivas, durante un periodo tan prolongado, non so está a provocar efectos negativos na economía da provincia, e de xeito singular en concellos como A Veiga, O Bolo, Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, A Mezquita, A Gudiña ou Viana do Bolo, concellos que viven do gando, da produción de castaña ou do mel, senon tamén provocando problemas de abastecemento en moitos outros (en concellos da conca do Arnoia hai restricións para consumo de auga desde hai máis de 15 días). Dado o perxudicial desta situación, consideramos que a deputación ten que actuar de 2 modos:
— De xeito directo:
Adopción de medidas urxentes para, en colaboración cos concellos, elaborar un plan provincial de infraestruturas hídricas, para paliar os efectos da seca e garantir o subministro de auga na provincia.
— De xeito indirecto:
Demandar, a través da correspondente emenda aos Orzamentos axudas directas para a gandaría en función das cabezas e gando e para o mel e a castaña en función da produción. Así mesmo, medidas para a restauración de prados e zonas afectadas pola seca e a reincidencia dos lumes e axudas para a replantación e condonación das cotas á seguridade social

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  DO hace una sola y única propuesta: que no se haga el Debate del Estado de la provincia  
  El Grupo Provincial del PP volverá a agotar el cupo de propuestas, 10, del Pleno del Debate del Estado de la provincia  
  Hace un Año  
  El PP anuncia para el Pleno del Estado de la Provincia un decálogo "estratéxico para o futuro desta provincia"  
  El BNG plantea 12,3 millones en 3 años en un plan de empleo y 100.000 euros/año para cada concello  
  DO plantea al Pleno del Estado de la Provincia 9 propuestas de corte popular como difícilmente realizable  
     
 
 
     
 
 
   
   
 
HACE HOY UN AÑO
15, MARTES