Home  
 
 
 
 
  Segundo informa a Consellería de Medio Rural, con respecto ao primeiro ano de vixencia do contrato os prezos increméntanse entre un 6 e un 10%. Así mesmo, tamén aumentou a adhesión das adegas pasando das catro que asinaran o primeiro contrato a arredor dunha vintena nesta ocasión, o que é destacado pola Consellería de Medio Rural. O contrato rexerá para as transacións comerciais das variedades treixadura, albariño, godello, caíño, sousón, brancellao, ferrón, torrontés, mencía e tempranillo.
 
Noticias Relacionadas
  Unións Agrarias non asina o documento que di que "non serve para nada" e só beneficia as adegas
 
 
Ao prorrogarse o contrato homologado do Ribeiro, Medio Rural di que "se completa a política de estabilidade do sector"
9 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Mesa do Viño da D.O. Ribeiro aprobou a prórroga durante tres campañas máis do contrato homologado que rexerá a compra-venda de uva de castes autóctonas, segundo subliña a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. "Este acordo completa a política de estabilidade do sector vitivinícola que xa se iniciara nesta denominación coa sinatura do primeiro contrato homologado en setembro de 2006", sinala Medio Rural, que recorda que, aoo igual que daquela, foi ratificado polas organizacións agrarias Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego, en representación dos viticultores, mentres que se incrementou o número de adegas asinantes, pasando das catro que o apoiaran inicialmente en 2006 a arredor dunha vintena nesta ocasión.

As adegas que asinan o documento están representadas, segundo Medio Rural, pola Cooperativa do Ribeiro, A Asociación de Embotelladores, Adegas Campante, Pazo do Mar, Rodríguez Méndez e Adegas Cunqueiro.
Deste xeiro, para Medio Rural "practicamente a totalidade do sector transformador queda adherido a un contrato no que se fixan uns prezos mínimos de referencia para a venda do quilo de uva das variedades recomendadas entre un 6 e un 10% superior ás contías recollidas no primeiro ano de vixencia deste mecanismo".
O contrato recolle tamén o compromiso de revisar anualmente os prezos en base ao Índice de Prezos ao Consumo publicado no mes de agosto.

Así pois, os valores mínimos da produción de uva recomendada para as próximas campañas 2008/2009, 2009/2010 e 2010/2011 queda do seguinte xeito:

Variedades Brancas: Treixadura, Albariño, Godello

Variedades Tintas: Caíño, Sousón, Brancellao, Ferrón

Outras Variedades:
Torrontés, Mencía, Tempranillo

%  Vol
(grao protencial en uva)

€/kg
(sen IVE)

%  Vol
(grao protencial en uva)

€/kg
(sen IVE)

11

1,06

11

0,81

11,1

1,07

11,1

0,82

11,2

1,08

11,2

0,83

11,3

1,09

11,3

0,84

11,4

1,10

11,4

0,85

11,5

1,11

11,5

0,86

11,6

1,12

11,6

0,87

11,7

1,13

11,7

0,88

11,8

1,14

11,8

0,89

11,9

1,15

11,9

0,90

12

1,16

12

0,91

12,1

1,18

12,1

0,93

12,2

1,20

12,2

0,95

12,3

1,22

12,3

0,97

12,4

1,24

12,4

0,99

12,5

1,26

12,5

1,01

12,6

1,28

12,6

1,03

12,7

1,30

12,7

1,05

12,8

1,33

12,8

1,08

12,9

1,36

12,9

1,11

13

1,39

13

1,14

Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación deste contrato correspóndese coa zona xeográfica da D.O. Ribeiro, que acada as 2.731 hectáreas e na que están inscritos máis de 5.000 produtores. Se se ten en conta que o prezo medio das castes autóctonas rolda os 1,10 €/quilo, o volume económico destas transaccións é de arredor de 6.600.000 € nunha campaña media.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página