Home  
 
 
 
 
  Unións Agrarias quédase fora, outro ano, do acordo marco para a uva de O Ribeiro. A organización sindical indica que non asinou o documento proposto na Mesa do Viño porque só cubre as variedades preferentes, que inclúen un 20% da uva. Para esta organización sindical agraria, o documento asinado "non serve para nada, xa que non responde á realidade nin aos intereses dos produtores". É máis, para UU.AA., o contrato só beneficia ás adegas, por eso non estrana que agora sexan maís que antes as que suscriben o documento.
 
Noticias Relacionadas
  Ao prorrogarse o contrato homologado do Ribeiro, Medio Rural di que "se completa a política de estabilidade do sector"
 
 
Unións Agrarias non asina o acordo de O Ribeiro que di que "non serve para nada" e só beneficia as adegas  
9 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL

Unións Agrarias reclamou para o Ribeiro un contrato homologado que ampare as variedades autorizadas, que representan o 75% da produción de uva desta Denominación de Orixe. De feito, a Organización non asinou o documento proposto na Mesa do Viño do Riberio porque soamente dá cobertura ás castes ou variedades preferentes, que unicamente inclúen o 25% da uva que se colleita na D.O.

"O Sindicato está dacordo coa negociación das variedades preferentes e co prezo establecido, pero condiciona a sinatura deste acordo á negociación dun contrato para as variedades autorizadas, coa finalidade de que o 100% da produción do Ribeiro quede amparada nun auténtico documento contractual", aclara Unións Agrarias.
O non ser así, Unións Agrarias considera que "o contrato non serve para nada, xa que non responde á realidade nin aos intereses dos produtores". En opinión da Organización, só beneficia ás adegas, ás que lles ofrece unha oportunidade de comprar uvas a baixo prezo en perxuizo dos viticultores.
Para UU.AA o desexable sería ter negociado todo conxuntamente e non por partes, porque así os produtores atópanse nunha situación na que están totalmente desprotexidos, mentras as adegas sacan proveito.

Segundo o Sindicato, coas condicións actuais o único que se está a conseguir é que a xente abandone as viñas por falla de viabilidade, de aí a necesidade dun novo contrato para toda a produción, como fórmula para que o Riberio teña continuidade.


Volver atras
Imprimir Página