Martínez visita o Centro de Valverde de Allariz, primeiro en Galicia que combina vivenda tutelada e formación
 
Despois de entrar en servizo nesta lexislatura como espazo residencial para menores tutelados ao tempo que centro de formación para o emprego, o delegado da Xunta en Ourense visitou este xoves o Centro de Valverde de Allariz. Rogelio Martínez salientou o labor deste centro, o primeiro das súas características que funciona en Galicia: ofrece ao mesmo tempo vivenda tutelada, cursos formativos e oficina para o recoñecemento das competencias profesionais.
 
 
 
 
 
27 de JULIO de 2012: OURENSE DIXITAL

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar Social, José Selas, visitou esta mañá o centro Valverde, no concello ourensán de Allariz, unhas instalacións que combinan unha vivenda tutelada cun centro de formación para o emprego. Os menores tutelados acoden aos cursos formativos no mesmo centro onde viven, se ben tamén participan nas actividades formativas outros adultos seleccionados entre os demandantes de emprego. Todos os que superan a formación reciben o correspondente certificado de profesionalidade.

Para o ano 2012 programáronse neste centro, extensión do centro integrado de Formación Profesional (CIFP) Santa María de Europa de Ourense, un total de dez cursos de formación para o emprego, dos que actualmente se están impartindo catro dirixidos a 60 alumnos. Actividades auxiliares en viveiros,xardíns e centros de xardinería, servizos de bar e cafetería e operacións básicas de cociña e de pisos aloxamentos son as materias ofrecidas nestes cursos.

Os menores tutelados unha vez que rematen os cursos recibirán unha cualificación e certificación suficiente para a integración no mercado de traballo e con validez en todo o territorio nacional.
O centro Valverde tamén acolle unha oficina para o asesoramento e a avaliación da acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. No que vai de ano, foron avaliadas 240 persoas e asesoradas 106 por un total de 28 técnicos.  

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MIÉRCOLES
 
Rodríguez demanda a la Xunta que cumpla con la reparación de viales que ha ceder al Concello de Ourense
La Deputación aprueba su organigrama político y las retribuciones de los 25 este miércoles
El PP pide al Concello de Ourense que articule los mecanismos precisos para regular el botellón
La asistencia técnica de las expropiaciones del AVE entre Zamora y Ourense costará un millón de euros
El Grupo del PSOE de O Pereiro pide ampliación del Ben-Cho-Sey en vez de dinero para los centros privados