O Grupo Socialista da Deputación de Ourense rexeitará este venres calquera reforma da Lei de Réxime Local
 
Este xoves, de cara ao Pleno de xullo da Deputación de Ourense que se celebra este venres, o Grupo do PSOE presentou unha enmenda de substitución á moción do BNG contra as medidas impostas polo Goberno do PP de cambio de Réxime Local. Os socialistas reafírmanse na importancia dos concellos e rexeitan calquera modificación da Lei de Bases de Réxime Local, sobre todo cando non hai consenso. Apelan, incluso, á Constitución.
 
 
 
 
 
27 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Grupo Socialista do Pazo Provincial presentou este xoves unha emenda de substitución en resposta á moción que o BNG presentou nos pasados días e que este venres se debaterá no pleno da Deputación de Ourense correspondente a este mes de xullo.
Nesta moción, os socialistas subliñan a importancia que as entidades locais teñen en España, e, sobre todo, en Galicia, pois permiten "vertebrar o territorio, contribuír á cohesión social e prestar servizos básicos", polo que rexeitan calquera modificación da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local e da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG, polas súas siglas en castelán). Deste xeito, o Grupo Provincial Socialista anuncia que defenderá a autonomía municipal como "o instrumento máis eficaz para facer realidade o principio de igualdade de oportunidades", sinala o voceiro socialista, Ignacio Gómez.

Gómez considera que a modificación que o Goberno de España prepara destas dúas leis –e, especialmente, da do Réxime Local– limitan a autonomía municipal, que está recoñecida pola Constitución, e que pretende, como fin último, "restar capacidade de decisión á cidadanía sobre a Administración Local e os seus representantes".
Non obstante, o PSdeG defenderá que calquera modificación xurda do debate político coas corporacións e co mesmo consenso que o acadado no seu día para a redacción da actual lei.
"A Constitución determina no seu artigo 140 que os concellos teñen personalidade xurídica plena, polo que non cabe ningunha expropiación das súas competencias a favor doutras institucións, máxime cando existen municipios pequenos que, de non ser pola labor que realizan os seus concellos, non se podería manter a cohesión do rural e da súa poboación", sinala o voceiro, Ignacio Gómez.

O Grupo Socialista da Deputación sinala que pretende trasladar este acordo ao Goberno de España, ao da Xunta, aos grupos políticos do Congreso, do Senado e do Parlamento,  así como á Xunta de Goberno da FEMP e da FEGAMP.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MIÉRCOLES
 
Rodríguez demanda a la Xunta que cumpla con la reparación de viales que ha ceder al Concello de Ourense
La Deputación aprueba su organigrama político y las retribuciones de los 25 este miércoles
El PP pide al Concello de Ourense que articule los mecanismos precisos para regular el botellón
La asistencia técnica de las expropiaciones del AVE entre Zamora y Ourense costará un millón de euros
El Grupo del PSOE de O Pereiro pide ampliación del Ben-Cho-Sey en vez de dinero para los centros privados